lunes, 3 de mayo de 2010

Pequeña Miss Sunshine


Dirección Jonathan Dayton e Valerie Faris.
Pequeña Miss Sunshine é unha comedia de estrada sobre unha familia americana que rompe calquera molde. Descaradamente satírica e a pesar diso, profundamente humana, a película presenta aos espectadores a unha das familias máis cautivadoramente desestruturadas da historia recente do cine: os Hoover, cuxa viaxe a un concurso de beleza preadolescente non só provoca un cómico caos, senón tamén morte e transformación, botando unha conmovedora ollada ás sorprendentes recompensas de ser un perdedor dentro dunha cultura obsesionada coa vitoria. Exitosa sorpresa do Festival de Cine de Sundance, onde se proxectou e obtivo enormes ovacións, a película chegará ao corazón de todo o mundo que, nalgún momento da súa vida, se vise sorprendido ao ver como a súa desordenada familia conseguiu saír adiante despois de todo.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Páxina oficial.
Crítica "Dando ejemplo".
Análise en NarraCine.
Guía didáctica.
Guía en Baketik.
Aula de Filosofía.
Crítica en 20 Minutos.
Banda sonora.

Trailer:

domingo, 2 de mayo de 2010

Caramel


Dirección Nadine Labaki.
En Bayrut, cinco mulleres coinciden habitualmente nun salón de beleza, un microcosmos cheo de colorido e sensualidade no que varias xeracións se encontran, falan e fanse confidencias. Layal ama a Rabih, pero Rabih está casado. Nisrin é musulmá e o seu próximo matrimonio formula un problema: ela non é virxe. Rima está atormentada pola atracción que sente polas mulleres e vive ao ritmo das visitas dunha bela clienta de longos cabelos. Yamal négase a envellecer. Rose sacrificou a súa vida para ocuparse da súa irmá maior.
No salón de beleza, os homes, o sexo e a maternidade sitúanse no centro das súas conversacións íntimas e liberadas, entre cortes de pelo e depilación cunha pasta acaramelada de azucre, auga e limón.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica: Mulleres ao borde do (des)amor
Páxina oficial da película (en francés)
Reseña de Entretodas.net e en Mundo Árabe
Crítica en EL Séptimo Arte.
Artigo en EuropaPress e en Canal TCM.
Guía didáctica en educación en valores con entrevista coa directora, lectura de escenas...
Clases de cine: compartir miradas en femenino e masculino

Trailer: