Mostrando entradas con la etiqueta Shakespeare. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Shakespeare. Mostrar todas las entradas

domingo, 4 de septiembre de 2011

Ran


Dirección Akiro Kurosawa.
Adaptación do "Rei Lear" de Shakespeare no mundo feudal xaponés, Ran cóntanos a historia dun señor da guerra que debido á súa avanzada idade, decide dividir o seu reino entre os seus 3 fillos, dandoles a cada un un castelo e unha parte das súas terras. Mentres os 2 fillos maiores están contentos desa decisión, o mais mozo non o aproba e prevee que tarde ou cedo isto desembocará nunha guerra entre irmáns, polo que é repudiado polas súas palabras.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en Fotogramas.
O director en Redescolar.
Miradas de cine.
Reseña en Laberinto de lecturas.
Lo sublime en Ran.
La mirada del samurai.
Reseña do director en Decine21.

Banda sonora.

Trailer:

sábado, 28 de julio de 2007

Shakespeare in love


Director John Madden.
A historia encádrase no verán de 1593, época na que William Shakespeare necesita desesperadamente unha paixón que lle inspire para continuar escribindo. Un romance secreto coa bela Lady Viola devolveralle a inspiración, e a súa pluma volverá encher de enxeño e paixón as páxinas da súa obra. Con todo, o mozo Shakespeare descubrirá dous segredos da súa bela musa: estar prometida en matrimonio con outro home e estar representando o papel dun home para interpretar ao protagonista da súa próxima obra teatral.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Páxina oficial da película, imaxes, protagonistas...
Reseña do autor e fragmentos da súa obra.
Páxina oficial do autor
Reseña de EL País.
Citas de Shakespeare.
Banda sonora.
Trailer:

lunes, 23 de julio de 2007

Mucho ruido y pocas nueces


Director Kenneth Branagh.
Kenneth Branagh traslada á pantalla grande un texto de William Shakespeare. Aínda que antes dirixira e protagonizado obras dramáticas do autor inglés (Enrique V e Otelo), e posteriormente fixo unha magnífica versión de catro horas de Hamlet, neste caso trátase dunha das comedias teatrais máis clásicas.
Don Pedro de Aragón regresa vitorioso dunha batalla acompañado do seu irmán don Juan e de Claudio, un mozo florentino que foi cuberto de honras pola súa actuación na contenda. Tras recalar na facenda de Leonardo, un lugar sosegado e paradisiaco da campiña italiana, Claudio namórase de Hero, filla do anfitrión. A trama vira ao redor da voda de Claudio e Hero. Mentres esperan que chegue o gran día, intentan unir a Benedict, un solteiro empedernido, cunha gran amiga de ambos. En tanto, o malvado don Juan intenta impedir a voda. Deliberadamente liviá, a trama centra a súa graza nos enredos que provocan os personaxes.
O filme, que conserva os diálogos orixinais escritos por Shakespeare, é un dos poucos do autor inglés no que participan estrelas de Hollywood (Keanu Reeves, Michael Keaton e Denzel Wáshington).
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Banda sonora.
Trailer:

domingo, 22 de julio de 2007

Macbeth


Director Orson Welles.
Macbeth, valeroso xeral escocés, recibe a visita de tres bruxas que lle profetizan que un día será rei. Aproveitando que o rei Duncan alóxase na súa residencia, e esporeado pola súa esposa, Macbeth asasina a Duncan e é proclamado rei de Escocia. Para manterse no trono, Macbeth vese obrigado a cometer cada vez máis crimes, mentres que a súa esposa vén abaixo, vítima dos remordimientos.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica ó director e á obra.
Shakespeare e Wells.
Trailer:

viernes, 20 de julio de 2007

Hamlet


Director Laurence Olivier.
Ao príncipe de Dinamarca, Hamlet, aparéceselle a pantasma do seu pai para dicirlle que non faleceu de morte natural, senón que foi asasinado polo seu tío quen, tras casar coa súa nai, converteuse no rei de Dinamarca. Hamlet decide vingarse del.
A máis famosa das adaptacións da inmortal obra de William Shakespeare (moitos anos despois alcanzaría un gran éxito a versión dirixida e interpretada por Branagh). O mellor é a interpretación do propio Laurence Olivier como Hamlet. Obtivo catro oscars á Mellor película, actor, decoración e vestiario.
Na wikipedia a obra e o director, e na biblioteca.
Ficha técnica.
Análise da obra.
Páxina oficial de Shakespeare.

Trailer resumo de Shakespeare no cine: As You Like It (Czinner, 1936),The Bad Sleep Well (Kurosawa, 1960),Forbidden Planet (Wilcox, 1956),Hamlet (Olivier, 1948),Hamlet (Zeffirelli, 1990),Hamlet (Almereyda, 2000),Henry V (Olivier, 1944),Henry V (Branagh, 1989),Macbeth (Polanski, 1971),The Merchant of Venice (Radford, 2004),
A Midsummer Night's Dream (Hoffman, 1999),Much Ado About Nothing (Branagh, 1993),
Othello (Welles, 1952),Othello (Parker, 1995)Ran (Kurosawa, 1985),Richard III (Loncraine, 1995),Romeo + Juliet (Luhrmann, 1996),The Tempest (Jarman, 1979),
King Lear (Kurosawa, 1957),Titus (Taymor, 1999).