martes, 1 de enero de 2008

As encrobas. A ceo aberto


Dirección Xosé Bocixa.
A historia que viviron e viven veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois, case mil persoas tiveron que abandonar o val. Documental estreado 12/5/07.
Desde Naturgy nos piden incluir esta información no post:

 "Naturgy, la comercializadora de energía y el resultado de la fusión entre Unión Fenosa y Gas Natural, ha sido una de las comercializadoras más rápidas en cumplir las nuevas normas de la CNMC de realizar cambios en las marcas y nombres en sus comercializadoras y distribuidoras. Naturgy cambia el nombre de la parte distribuidora de la antigua Unión Fenosa a UFD (Unión Fenosa Distribuidora). Además de cambiar el nombre, empieza una nueva época enfocada 100% en el desarrollo de nuevas tecnologías para contribuir en la evolución del sistema eléctrico y en la seguridad del planeta."

Na biblioteca.
Ficha técnica.
Comentario da Axencia do Audiovisual Galego.
Entrevista ó director.
Video:

Sara


Dirección Silvia Quer.
A trama principal do filme transcorre entre unha parella de alto nivel social e económico na que a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara (Laura Conejero) está casada con Daniel (Manuel Barceló) un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que ese tipo de circunstancias ocultanse tralas apariencias, e así ela vive o seu drama en silencio. Este foi o primeiro telefilme rodado en galego.
Na biblioteca.
Ficha técnica.
Ficha da Axencia do Audiovisual Galego.
Galería de fotos.

La casa de mi abuela


Dirección Adán Allaga.
Retrato dunha avoa e da súa neta que conviven nunha modesta casa do poboado alacantino de San Vicente do Raspeig. Unha empresa comprou o terreo e proponse a derriba do edificio e a construción dun novo bloque de vivendas. Avoa e neta non viven a mudanza forzosa da mesma xeito.
A película indaga na peculiar relación que Mariña, (unha nena de 6 anos, impulsiva e irreverente) ten coa súa avoa de 75 anos.
A rancia educación á que é sometida pola súa avoa, provoca que Mariña rebélese contra ela e contra todo aquel que intente corrixir o seu comportamento, aínda que progresivamente a actitude de Mariña evolucionará ata un carácter máis maduro e reflexivo.
Ao longo de varios anos penetrándonos nos na vida e costumes dun pobo, descubrindo lentamente no conflito que supón para a avoa ver derrubarse e desaparecer a casa onde viviu toda a súa vida.
Na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
Páxina web oficial da película.
Trailer.

O soño dunha noite de san Xoan


Dirección Angel de la Cruz e Manolo Gómez.
Din as lendas que unha noite ao ano, no San Xoán, os humanos poden acceder ao Mundo Máxico. Elena, intelixente pero pouco soñadora, non cre en contos. Pero cando cae enfermo seu pai, o duque Teseo, ela está disposta a calquera cousa para lle devolver a ilusión. Mesmo ir na procura de Titania, raíña das fadas. Sen embargo, o Mundo Máxico xa non é o que era, pois malgobérnao o rei Oberón, quen comercia cos feitizos axudado polo trasno Perecho. Baseada na obra de William Shakespeare.
Na biblioteca e na wikipedia.
A noite de san Xoan en Galicia espallada.
Galería de imaxes.
Páxina web oficial da película.
Trailer:

Lena


Dirección Gonzalo Tapia.
Lena ten dezaoito anos e vive no barrio portuario de Bouzas, en Vigo. Non ten unha cisa nas fácil: orfa de nai, Gorrión o seu pai, é un borracho eternamente en paro ou metido en trapicheos de piuca monta. Desde nena Lena tivo que resolver os seus propios asuntos. É suna moza lista e responsable; a súa sensatez contrasta co descontrol do seu pai. Cando a mafia local lle dá unha paliza a Gorrión acusándoo de ter quedado cunha importante suma de cartos, a vida de Lena pasa a ter un único obxectivo: impedir que maten o seu pai.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Comentario en El País.
"Xuventude, divino tesouro"
Entrevista ó director.

Blanca Madison


Dirección Carlos Amil.
Urbano, que ven de saír da cadea, recolle no taxi que conduce a unhas prostitutas con destino a un club ao outro lado da fronteira. No taxi vai tamén unha rapaciña. Na mesma dirección viaxa Blanca Madison, cantante de boleros. Blanca regresa á cidade na que sendo nena sufriu aldraxes a mans do propietario dun club nocturno, chamado Xesús Bocanegra. Entre actuación e actuación organiza, con desesperada frialdade matemática, unha vinganza: matar a Bocanegra.
Esta producción, integramente galega, rodouse na Coruña e viu a luz dous anos despois de rematarse.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Audio e galería de imaxes.

Te doy mis ojos


Dirección Iciar Bollaín.
Unha noite de inverno, unha muller,Pilar (Laia Marull), sae fuxindo da súa casa. Leva consigo apenas catro cousas e ao seu fillo, Juan (Nicolás Fernández Lúa). Antonio (Luís Tosar) non tarda en ir buscala.Pilar é o seu sol, di, e ademais, "deulle os seus ollos"... Ao longo da película, os personaxes irán reescribindo ese libro de familia no que está escrito quen é quen e que espérase que faga pero no que todos os conceptos están equivocados e onde di fogar lese inferno, onde di amor hai dor e quen promete protección produce terror.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica e crítica.
Cómo se fixo a película.
Unidad didáctica, actividades desde a Xunta de Andalucía e de Amnistía Internacional en Cataluña.

Trailer: