martes, 10 de abril de 2012

Vidocq

Dirección Pitof.
París, 1830. Un ex-presidiario que se converteu no detective máis famoso da súa época, observa a criatura que o domina colgado da boca dun pozo en chamas. A besta sácase a máscara e Vidocq obsérvao horrorizado antes de derrubarse no abismo. Así empezan os perturbadores acontecementos que conmocionarán París na alba dunha segunda revolución. Todo o mundo quere descifrar o misterio da morte do heroe, especialmente o seu novo biógrafo. Do bordel ao fumadero de opio, de escuras canellas a consultorios secretos, Boisset irá en busca da verdade xunto a Numier, o socio de Vidocq e Preah, a fermosa e cativadora amante do defunto.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en La Butaca.
Reseña en La Razón: "Vidocq, angel o demonio"
"Vidocq; el criminal inteligente"
Reseña en El País.

Trailer:

lunes, 9 de abril de 2012

Julie y Julia


Dirección Nora Ephron.
Julia Child foi a muller que cambiou a forma de cociñar dos Estados Unidos. Non obstante, en 1948, Julia (Meryl Streep) era simplemente unha norteamericana vivindo en Francia. O traballo do seu marido levounos a París, e o infatigable espírito de Julia anhelaba ter algo que facer. Medio século máis tarde, Julie Powell (Amy Adams) está atascada. Preto dos 30, vive en Queens e traballa nun cubículo ao tempo que as súas amigas teñen un asoballante éxito; para focalizar as súas enerxías, Julie aférrase a un plan, que a simple vista parece unha loucura: dedicarse un ano exacto a cociñar as 524 receitas que compoñen o libro de Julia Child, e escribir un blog coas súas experiencias.

Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Web oficial.
Reseña en Cine20minutos.
Crítica en LaButaca e en LaHiguera.
Reseña en Blog de cine.
"El hecho de ser mujer" en El Pais.

Trailer:

domingo, 1 de abril de 2012

Mamma mía!

Dirección Phyllida Lloyd.
Donna, unha nai independente e solteira, dona dun pequeno hotel nunha idílica illa grega, está a punto de deixar que marche Sophie, a filla á que criou soa. Donna invitou as súas dúas mellores amigas á voda da súa filla: Rosie, unha muller práctica e lóxica; e Tanya, rica e multidivorciada. As dúas son ex membros da súa antiga banda, Donna and the Dynamos. Pola súa banda, Sophie tamén fixo tres convites moi especiais. Decidida a encontrar un pai para que a leve ao altar, invita tres homes que visitaron a paradisíaca illa hai 20 anos. Durante as seguintes caóticas e máxicas 24 horas, florecerán novos amores e reavivaranse vellos romances nunha illa chea de posibilidades.

Reseña en La Higuera.net.
Placer culpable: Mamma mía y la contagiosa música de Abba en Extracine.
Banda sonora de la película

Trailer:

lunes, 13 de febrero de 2012

El curioso caso de Benjamin Button

Dirección David Fincher
"Nacín en circunstancias inusuais". Así comeza "O Curioso Caso de Benjamin Button", unha adaptación da historia dos anos 20 do século pasado escrita por F. Scott Fitzgerald e que trata dun home (Brad Pitt) que nace con oitenta anos e vai rexuvenecendo co tempo: un home que, como calquera de nós, non pode parar o tempo. Dende a Nova Orleans de finais da I Guerra Mundial ata o século XXI, nunha viaxe tan inusual como a vida de calquera home, esta película conta a grande historia dun home non tan ordinario e a xente que vai coñecendo polo camiño, os amores que encontra e que perde, as alegrías da vida e a tristura da morte, e que perduran máis alá do tempo.

Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Guía didáctica
Web oficial.
Novela de Francis Scott Fitzgerald.
Crítica en La Butaca e en 20 minutos
Cómo se fixo.
Reseña en Fotogramas
Crítica en Decine21
Banda sonora.

Trailer:

miércoles, 8 de febrero de 2012

Caza a la espía


Dirección Dough Liman.
Valerie Plame, unha axente secreta do departamento contra a proliferación de armas nucleares da CIA, descobre que, a diferenza do que moitos membros do goberno estadounidense opinan, Iraq non ten ningún programa activo de armas nucleares. Mentres, ao seu marido, o diplomático Joe Wilson, o envían a África para investigar os rumores sobre unhas posibles vendas de uranio enriquecido a Iraq. Tras descubrir que non se produciron tales vendas, Joe escribe un artigo no New York Times no que resume as súas conclusións, desatando así unha acalorada polémica. Pouco despois, a identidade secreta de Valerie fíltrase notorios xornalistas de Washington. Tratarase dun desafortunado accidente ou dunha campaña coordinada contra o seu marido? Coa súa identidade ao descuberto e os seus contactos no exterior revelados, a carreira e a vida privada de Valerie empezan a facer augas.

Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Web oficial.
Crítica en LaButaca.
Crítica en BlogdeCine e en Decine21.
Crítica en Cinemanía.
Reseña na revista Nos.
Guía didáctica en Aula de Filosofía.
Banda sonora.
Trailer:

martes, 7 de febrero de 2012

Stone

Dirección John Curran.
A poucos días de xubilarse do seu posto de oficial de liberdade condicional, Jack Mabry (De Niro) recibe o encargo de revisar o caso de Gerald "Stone" Creeson (Norton), encarcerado por encubrir o asasinato dos seus avós cun incendio. Agora que cabe a posibilidade de recibir un indulto anticipado, Stone necesita convencer Jack de que está rehabilitado. Non obstante, os seus intentos de influír na decisión final do veterano axente provocan uns efectos intensos e inesperados para ambos os dous. Ambientada no tranquilo desespero dos arredores de Detroit e na abafadora brutalidade dun cárcere de máxima seguridade, este relato de paixón, traizón e corrupción revela as vidas quebradas de dous homes volátiles que rompen co seu turbulento pasado para enfrontarse ao máis incerto dos futuros

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica de Espectador.net  e en La Butaca .

Web oficial
Reseña en Fotogramas. Trailer:

miércoles, 1 de febrero de 2012

Wall Street: el dinero nunca duerme

Dirección Oliver Stone.
Tras cumprir unha condena de sete anos por diversos delitos económicos, a veterana quenlla de Wall Street Gordon Gekko (Michael Douglas) sae do cárcere e publica o libro A cobiza é boa? Nel vaticina unha inminente crise económica como consecuencia da avaricia que esconden os novos produtos bancarios e financeiros. Tras a presentación, contacta con el Jake Moore (Shia LaBeouf), un novo e ambicioso axente de bolsa, entusiasta defensor das enerxías alternativas, e que vive e planea casar con Winnie (Carey Mulligan), a filla de Gordon. Esta, embarazada de poucos meses e directora da esquerdista web La verdade conxelada, non se fala co seu pai, pois despreza as súas ideas e o seu modo de manipular a xente, causa principal, segundo ela, da morte do seu irmán por sobredose de droga. Cando o mentor de Jake, Louis Zabel (Frank Langella), se suicida por culpa das crueis presións doutra quenlla, Bretton James (Josh Brolin), o mozo brooker planea unha sofisticada vinganza coa axuda de Gordon Gekko, que tamén ten contas pendentes con James.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica en El blog salmón.
rítica de cine en La higuera, en La butaca e en Aloha criticón.
Entrevista co director.
Reseña en El séptimo arte e en Fotogramas.
Una economía de cine.
Reseña en Cambio 21.
conocine.
Reseña en Fila siete.
Banda sonora.

 Trailer: