jueves, 10 de noviembre de 2011

Retorno al pasado


Dirección Jacques Tourneur.
Jeff Markham é un ex detective que vive do seu taller mecánico e planea casar coa súa noiva Ann. Un día asáltao outro detective, Joe Stephanos, que o informa de que o seu ex xefe, Whit Sterling, quere velo. Jeff acudirá á cita pero non se fiará nin da súa sombra, porque hai uns anos tivo un romance coa amante de Whit e sospeita que este só quere vingarse.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en Miradas de cine.
Crítica en Alohacriticón.
'Retorno al pasado': sentando los cánones del cine negro.
Reseña do director en El cultural.
Banda sonora.

Trailer:

Y Dios creó a la mujer


Dirección Roger Vadim.
St. Tropez. Juliette Hardy é unha orfa de dezaoito anos, sexualmente moi precoz e activa. Eric carradine, un home rico e maduro, séntese moi atraído por ela. Pero Juliette está namorada de Antoine Tardieu, un mozo que traballa en Toulon e é o fillo maior dunha familia humilde que posúe un pequeno estaleiro. O problema é que Antoine só quere ter unha breve aventura con ela. Cando os pais adoptivos de Juliette deciden, en vista da mala reputación da rapaza, que volva ao orfanato, o irmán de Antoine, Michel Tardieu, proponlle casar, ela acepta e comeza a amalo. Pero cando a familia Tardieu decide vender o estaleiro a Eric, Antoine volve a Saint-Tropez e renace a paixón de Juliette por el.
Película que creou ao mito erótico B.B. (Brigitte Bardot). O escándalo chegou cos nus dunha moza sensual e perturbadora, o que provocou que se censurase en moitos países.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón.
Reseña en Fotogramas.
Banda sonora.

Video:

lunes, 19 de septiembre de 2011

Perros de paja


Dirección Sam Peckinpah.
O astrofísico americano David Sumner (Hoffman) trasládase a vivir o pobo da súa muller, en Gran Bretaña. É un home reservado e tímido que vive absorto nas súas investigacións e procura evitar calquera disputa. Non obstante, a violencia de certos individuos do pobo chega a tal extremo que Summer, situado entre a espada e a parede, reacciona coas mesmas armas que os seus agresores para defender a súa muller e o seu fogar... Obra clave na filmografía de Peckinpah, "Cans de palla" é un estudo sobre a violencia do ser humano baseado na novela "The Siege of Trencher's Farm", de Gordon M. Williams.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón.
Matemáticas de cine.
Crítica en Muchocine e en La Fuga.
Reseña en Lahiguera.
La violencia del ser humano en Blogdecine.
Banda sonora.

Trailer:

jueves, 15 de septiembre de 2011

Moulin Rouge


Dirección de John Huston.
Nada resulta máis atractivo ou estimulante para un actor, bo ou malo, que colocarse diante da cámara para dar vida a personaxes extravagantes, estrafalarios, diminuídos ou con problemas físicos. A José Ferrer presentóuselle con este "Moulin Rouge" a oportunidade da súa vida cando John Huston decidiu que fose el o encargado de dar vida ao pintor Toulouse-Lautrec, o pintor que simboliza o esplendor do París de finais do século XIX, unha persoa nacida cunha malformación xenética que marcou en forma de enfermidade toda a súa vida ata a súa morte, vítima do alcohol, en 1901.
José Ferrer someteuse a un intenso traballo de maquillaxe grazas ao cal os espectadores quedamos sempre coa imaxe do pintor como un personaxe contrafeito e pouco amable.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón e en La claqueta.
El artista atormentado en Decine21.
El arte en el cine.
Monográfico Toulouse-Lautrec.
Reseña do director en El País.

Banda sonora.

Video:

martes, 13 de septiembre de 2011

El hotel de los líos


Dirección William A. Seiter.
Gordon Miller, un produtor de teatro de tres ao cuarto, quere estrear a obra dun novo autor novel, pero necesita encontrar un capitalista que a financie antes de iniciar os preparativos da función. Mentres tanto, instalouse, cos 22 membros da súa compañía, no hotel que rexenta o seu cuñado. Cando se descobre que debe unha suma considerable ao hotel, ameázano con desaloxalo, pero Miller, coa complicidade dos seus fieis Harry Binelli e Faker Englund, enxeñarállelas para evitalo e, ademais, conseguirá, por fin, estrear a obra.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Los hermanos Marx na wikipedia.
Los hermanos Marx.
Huéspedes morosos en Decine21.
Frases y diálogos de Groucho Marx.
Un problema de puertas abiertas y cerradas en matemáticas.

Vídeo sobre os protagonistas:

El gatopardo


Dirección Luchino Visconti.
Película baseada na novela homónima de Giuseppe Tomasi dei Lampedusa (1958). É a época da unificación de Italia en torno ao Piamonte, cuxo artífice foi Cavour. A acción desenvólvese en Palermo e os protagonistas son Don Fabrizio, Príncipe de Salina, e a súa familia, cuxa vida se ve alterada tras a invasión de Sicilia polas tropas de Garibaldi (1860). Para afastarse dos disturbios, a familia refúxiase na casa de campo que posúe en Donnafugata. Ata o lugar desprázanse, ademais da muller do Príncipe e os seus tres fillos, o mozo Tancredi, o sobriño predilecto de Don Fabrizio, que parece simpatizar co movemento liberal de unificación.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
La unidad de Italia en Cine e Historia e crítica na mesma páxina.
Guía da obra en Hacemos historia.
Reseña en Miradas de cine.
La decadencia de la aristocracia en Decine21.
Odiar El Gatopardo por Javier Marías en El País.
Banda sonora.

Trailer:

Danzad, danzad, malditos


Dirección Sydney Pollack.
Estados Unidos, en plena época da Gran Depresión. No medio dun ambiente de terrible miseria, xentes desesperadas, de toda idade e condición, apúntanse a un maratón de baile coa esperanza de gañar o premio final de 1500 dólares de prata e encontrar, polo menos, un sitio onde durmir e comer. Mentres os concursantes forzan os límites da súa resistencia física e psíquica, unha multitude morbosa divírtese considerando o seu sufrimento durante días.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón e en Decine21.
Reseña en Fotogramas.
Cine y eutanasia.
Cine y educación para la muerte.
De la ira contenida a la autocomplacencia.

Video: