![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi0RXYRLgAvZ1bwCiTXKGfVo91J77WSqwyixk4mCl4euy_IN5c8zDUNN98yy9MWo9TQP25xCJ4ES802VjWAufN2EW1-KQv7hdgyY_f_o-LO1k3hZFCAmWZK7ooKaNJOnYmNPXZduenfrXc/s400/cartel-de-el-sueno-de-casandra.jpg)
Dirección Woody Allen.
Historia de Ian (Ewan McGregor) e o seu irmán menor Terry (Colin Farrell). A pesar dos seus apuros económicos, ambos os dous adquiren un veleiro de segunda man chamado "Cassandra's Dream", coa idea de acondicionalo e navegar nel os fins de semana. Ian coñece á atractiva Angela (Hayley Atwell) unha nova actriz recén chegada a Londres en busca dun futuro de éxito no mundo da interpretación, e inmediatamente séntese fascinado por ela. Por outro lado, a debilidade de Terry polo xogo, provocará que ambos os dous conflúan nunha quella sen saída na que a súa situación financeira será extremadamente delicada. A aparición do seu tío Howard (Tom Wilkinson), recén chegado de Estados Unidos e cun pasado aparentemente repleto de éxitos económicos, supón un alivio para a economía dos irmáns. Pero todo ten un prezo. Tom obrigaraos a infrinxir a lei, poñendo a proba a súa catadura moral, e provocando unha serie de acontecementos que darán lugar a consecuencias inesperadas.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Cineismo.
Slideshare da película en Aula Oberta traballo de fin de curso de Comunicación Interactiva.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario