jueves, 3 de febrero de 2011

Los puentes de Madison


Dirección Clint Eastwood.
Un maduro fotógrafo aventureiro, intrepretado por Clint Eastwood, e unha aburrida e soñadora ama de casa, interpretada por Meryl Streep, coñécense casualmente. O coche de Eastwood avariouse, e debe pedir axuda dende a casa de Streep, no medio do campo. Ambos os dous tiveron as súas experiencias, e non esperan moito máis da vida. A súa relación, ao principio timidamente, acábase convertendo nunha apaixonado romance que ningún dos dous pode evitar.
O gran Clint Eastwood di a propósito da súa película: "É unha historia de relacións humanas. Non hai efectos especiais, só actores, amor e emoción. Non creo que pode pedirse máis ao cine". As interpretacións que completan Eastwood e Streep son maxistrais. Son os únicos personaxes da película, e conseguen darlle o ton axeitado, intenso pero equilibrado. As pontes de Madison é poderosa, sutil e moi suxestiva, e de con este cambio de rexistro, Eastwood demostra a súa mestría na arte de dirixir.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Alohacriticón.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: