lunes, 25 de agosto de 2014

Bugsy

Dirección Barry Levinson.
A película abrangue os últimos anos da vida do lendario gángster Benjamin Hymie Siegel, máis coñecido como Ben Siegel, alcume Bugsy, un dos máis poderosos e violentos do imperio do hampa. Foi enviado ao Oeste por Meyer Lansky e Charlie Lucky Luciano para controlar os negocios da Costa Oeste quedando completamente fascinado polo mundo de Hollywood e facéndose amigo do actor George Raft. De ambición desmesurada, coquetea tanto co mundo do cine coma co xogo. Deixando abandonados á súa muller e aos seus fillos nun suburbio de Nova York, coñece a actriz Virxinia Hill, con quen inicia unha tempestuosa relación e quen lle inspira a construción do Hotel Flamingo, chamado así porque este era o alcume de Virxinia, o primeiro casino de luxo do que posteriormente sería Las Vegas e que estaba situado no medio do deserto de NevadaBugsy ten como axudante ao bobo pero perigoso Mickey Cohen. O lugar convértese pronto nun importante centro de xogo e ao seu arredor xorden máis hoteis, casinos e a cidade de Las Vegas. Non obstante, paralelamente a estrela de Bugsy empeza a declinar

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Sensacine e en Decine21.
"Bugsy Siegel y el nacimiento de Las Vegas de La noche más hermosa.
Banda sonora.

Trailer:


No hay comentarios: