Tras a morte do seu irmán, Liessel, moza orfa de 9 anos, é
adoptada por unha familia obreira, os Hubberman, durante a II Guerra Mundial en
Múnic. Grazas ao seu pai adoptivo, aprenderá a ler e os libros, dalgún modo,
sérvenlle de evasión do que está a pasar no seu país, baixo o férreo control
dos nazis. Animada por unjudío fuxitivo, comeza a escribir as súas memorias,
dotándoas de grande imaxinación. O que non sabe é que probablemente a escritura
poida salvarlle a vida.
"A ladroa de libros" é unha dramática historia
baseada no libro do escritor australiano Markus Zusak, do mesmo nome, que se
converteu nun dos maiores éxitos en vendas de 2005 dentro do xénero da
literatura infantil. O gañador dun Emmy Brian Percival (A Boy Called Dad), máis
coñecido por dirixir a aclamada serie "Downton Abbey", é o
responsable de adaptar a edulcorada e tenra historia dunha nena orfa de 9 anos,
que se sobrepón aos tráxicos acontecementos que teñen lugar na Alemaña do III
Reich, antes e durante a II Guerra Mundial, grazas aos libros e á lectura. Coa
súa nova familia de acollida, aprenderá a ler e vivirá diversas aventuras que
poñerán a risco a súa fráxil existencia.
Ficha técnica
Guía didáctica en Prezi de Ana Mª Zapata
Web oficial
Crítica en Sensacine.
Reseña en El País
Reseña de la novela en El templo de las mil puertas.
Crítica en BlogdeCine.
Banda sonora
Trailer:
Web oficial
Crítica en Sensacine.
Reseña en El País
Reseña de la novela en El templo de las mil puertas.
Crítica en BlogdeCine.
Banda sonora
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario