viernes, 4 de noviembre de 2016

Joy

Dirección David Russell.
Joy Mangano (Jennifer Lawrence) é unha humilde traballadora de Long Island e nai de tres fillos. Ao inventar un utensilio tan sinxelo e práctico como a Miracle Mop, un tipo de fregona de flocos de algodón, ademais das Huggable Hangers, un tipo de percha que está forrada de veludo antiescorregadizo, farase rica da noite para a mañá e acabará converténdose nunha notable inventora de produtos do fogar e tamén nun dos rostros máis reconocibles da teletienda americana.
Joy é ademais a historia dunha familia a través de catro xeracións. A película céntrase en Joy, a rapariga que xa sendo muller consegue fundar unha dinastía de negocios e convértese na matriarca familiar por dereito propio, máis aló da figura de Rudy (Robert De Niro), o pai desta heroína que a alenta a non ser simplemente unha ama de casa.
Dentro e fóra da familia, os aliados converteranse en inimigos e os inimigos en aliados. No seu camiño, onde se enfrontará á traizón, a deslealdade, a perda da inocencia e as cicatrices do amor, Joy coñecerá rostros amables como o dun executivo da canle da teletienda (Bradley Cooper). Unha comedia humana e emocional sobre sobre como liderar un negocio familiar nun mundo implacable, que fala da familia, a lealdade e o amor.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Recensión en Fotogramas.
Crítica en Decine21.
Crítica en Blogdecine.
Banda sonora (lembrade de abrila en outro buscador que non sexa chrome)

Trailer:

No hay comentarios: