viernes, 6 de octubre de 2017

Spotlight

Dirección Tom McCarthy.
A sección Spotlight do xornal The Boston Globe estaba formada por un grupo de xornalistas expertos en facer reportaxes en profundidade. Ante a chegada dun novo director, buscan un caso de peso, poñendo aos mellores dos seus xornalistas á fronte. É o ano 2002, trátase dun xornal dos de antes, sen Twitter, e o que comeza cun proxecto de artigo sobre varios curas acusados polas súas vítimas de abusar deles durante a súa infancia, convértese nunha minuciosa investigación por parte deste equipo de xornalistas.
No seu vibrante camiño cara á verdade, o equipo de reporteiros atoparán unha senda infestada de obstáculos. Para probar a súa investigación, terán que rastrexar arquivos, entrevistar vítimas, contrastar testemuños e loitar contra o segredo da Igrexa. E é que, este caso que chegou ás portadas de toda a prensa internacional, sacudiu á Igrexa católica en todo o seu núcleo, por ser o maior escándalo de pedofilia dentro da institución eclesiástica. Desde entón, en Estados Unidos e noutros moitos países de todo o mundo, destapáronse casos similares de abusos. O Boston Globe gañou en 2003 o Premio Pulitzer ao servizo público por sacar á luz unha ampla trama de encubrimento de casos de pederastia na arquidiocese de Boston.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial
Crítica "La terrible búsqueda de la verdad" en El espectador imaginario
Crítica en LaButaca.net
Crítica en Decine21.
Guía periodística en Clases de periodismo.
Recensión en El País
Recensión na Revista GQ
Reportaxe en Espinof
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: