Diverxente, filme
baseado no primeiro libro da saga “Diverxente” de Veronica Roth, preséntanos
unha sociedade que mantén a paz e funciona grazas á súa división en cinco
faccións: Verdade, Abnegación, Ousadía, Cordialidade e Erudición. Cando cumpren
dezaseis anos todos os mozos da cidade realizan unhas probas e deciden a que
facción queren pertencer en función daquela virtude que posúan. Con todo, para
Beatrice Prior ( Shailene Woodley) isto non é tan fácil xa que ela non é como
os demais, é diverxente, e podería pertencer a máis dunha facción pero ninguén
debe sabelo. Por iso Beatrice sorprende a todos cando escolle a facción á que
quere pertencer: Ousadía. Na súa nova facción Beatrice, que agora lla coñecerá
como Tris, fará novos amigos, coñecerá a Catro ( Theo James) e descubrirá que a
erudita Jeanine Matthews (Kate Winslet) ten un plan para eliminar a todos os
diverxentes da cidade. Tris e Catro tentarán descubrir que fai aos diverxentes
tan perigosos antes de que sexa demasiado tarde.
Ficha técnica.
Web oficial
Crítica en Espinof.
Crítica en El espectador imaginario.
Reportaxe en LaButaca.net
10 cousas que non sabías da película en Zaleb.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario