lunes, 12 de octubre de 2020

Mujercitas

Dirección Greta Gerwig.

Massachusetts, mediados do século XIX, despois da Guerra Civil en Estados Unidos. Decididas a vivir a vida segundo as súas propias normas, as irmás March, Meg (Emma Watson), Beth ( Eliza Scanlen), Jo ( Saoirse Ronan) e Amy (Florence Pugh), deberán enfrontarse ao reto de chegar á idade adulta. As catro irmás, guiadas pola súa nai a Señora March (Laura Dern) e avaladas pola fortuna da súa Tía March ( Meryl Streep), trabarán amizade co veciño de á beira, un mozo chamado Laurie ( Timothée Chalamet), ademais de con Friedrich Bhaer (Louis Garrel), un profesor de orixe alemá que animará a Jo a converterse en escritora. 
Esta nova adaptación do clásico de Louisa May Alcott Mujercitas (1868) está escrita e dirixida pola actriz e realizadora Greta Gerwig, responsable da película Lady Bird (2017).
Recensión en Fotogramas e en Elle.
Un percorrido polos escenarios de Nova Inglaterra en Traveller.

Trailer:

No hay comentarios: