Dirección Barry Levinson.
Charlie Babbitt
(Tom Cruise), un mozo egoísta que espera herdar a fortuna do seu defunto pai,
decátase de que o beneficiario é o seu irmán Raymond (Dustin Hoffman), un
autista ao que non coñece, porque viviu sempre recluído nun centro especial.
Ambos farán unha longa viaxe a través dos Estados Unidos. Ao principio, a
Charlie, o extravagante comportamento do seu irmán irrítao e desconcértao,
pero, aos poucos, aprenderá a coñecelo e a querelo.
Dustin Hoffman
obtivo un Óscar e un Globo de Ouro pola súa incrible interpretación en
"Rain Man", quizá a máis difícil na súa cegadora carreira. Para Tom
Cruise supuxo a súa definitiva confirmación como excelente actor dramático.
"Rain Man" foi nomeado a 8 Óscar, gañando finalmente 4 figuras
(Mellor Película, Mellor Director, Mellor Actor e Mellor Guión).
No hay comentarios:
Publicar un comentario