Dirección Neil Marshall.
Bretaña, ano 117 d.C. O Imperio Romano domina a totalidade da Europa continental e agora busca conquistar as illas británicas para expandir a súa influencia ata o Mar do Norte. O comandante Quintus Dias (Michael Fassbender) lidera a IX Lexión -lendaria polo seu gran valor-, o grupo de soldados romanos que deberá levar a cabo a dura tarefa de conquistar terras británicas.
O plan inicial vese freado polas novas tácticas de guerra de 'Os Pictos', unha tribo local que está a poñer en xaque as técnicas de batalla do Imperio Romano. Quintus, único sobrevivente tras unha emboscada por parte dos Pictos, diríxese cara ao norte xunto a Virilus (Dominic West), un dos xenerais da IX Lexión. Virilus será secuestrado e Quintus deberá resistir xunto aos seus poucos homes as arremetidas das tropas lideradas pola sanguinaria Etain (Olga Kurylenko) mentres tentan rescatar ao seu xeneral e regresar a unha zona segura baixo o control do Imperio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario