martes, 21 de julio de 2015

El niño

Dirección Daniel Monzón.

Xibraltar, a fronteira sur de Europa. Dous continentes, tres países, catorce quilómetros. Un lugar perfecto, o Estreito, para alcanzar a gloria desafiando ao mar e ao vento. Risco, adrenalina, diñeiro e éxito ao alcance de calquera capaz de atravesar a distancia que separa Europa de África nunha lancha cargada de hachix sorteando o axexo de patrulleiras e helicópteros da policía. O Neno e El Compi non teñen medo, queren iniciarse no mundo do narcotráfico, montar o seu propio negocio. Para eles é case un xogo, a fin de contas criáronse na cultura do contrabando.

Xesús e Eva, axentes de policía, levan anos tratando de demostrar que a ruta do hachix é agora un dos principais coadoiros da cocaína en Europa. Para eles o asunto non ten nada de divertido. O seu obxectivo é El Inglés, o home que move os fíos dende Xibraltar, a súa inexpugnable base de operacións. O destino fará que os camiños destes personaxes a ambos os dous lados da lei rematen por cruzarse nun punto de non retorno no que descubrirán que o enfrontamento dos seus respectivos mundos é moito máis complexo, ambiguo e perigoso do que xamais tivesen pensado.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en LaButaca.net.
Crítica en DeCine21.
Crítica en Fotogramas.
Web oficial dos Premios Goya.
Entrevista có director: "Tratar la inmigración en la película habría sido frívolo"

Trailer:

Magical girl

Dirección Carlos Vermut.

Alicia (Lucía Pollán), unha nena enferma, soña co vestido da serie xaponesa "Magical Girl Yukiko". Luis (Luis Bermejo), o seu pai, fará todo o que estea na súa man para conseguilo. O seu destino crúzase co de Bárbara (Bárbara Lennie), unha atractiva moza con desordes mentais, e co de Damián (José Sacristán), un profesor retirado de todo menos do seu tormentoso pasado. Luis, Bárbara e Damián quedarán atrapados nunha rede de escuras chantaxes, na que instintos e razón se debaterán nunha tráxica loita.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Blog da película.
Crítica de Sensacine.
Crítica en BlogdeCine.
Crítica en Fotogramas.
Recensión en LaButaca: Concha de Oro no Festival de San Sebastián.

Trailer:

El Hobbit

Dirección Peter Jackson.
Precoa da triloxía "O Señor dos Aneis", obra de J.R.R. Tolkien. En compañía do mago Gandalf e de trece ananos, o hobbit Bilbo Bolsón emprende unha viaxe a través do país dos elfos e os bosques dos trolls, dende os alxubes dos orcos ata a Montaña Solitaria, onde o dragón Smaug esconde o tesouro dos Ananos. Finalmente, nas profundidades da Terra, encontra o Anel Único, hipnótico obxecto que será posteriormente causa de tantas sanguentas batallas na Terra Media.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Película en la Warner Bros
Recensión en 20 minutos.
Recensión en El País
El anillo único
Wiki El señor de los anillos.
Banda sonora.

Trailer:

lunes, 20 de julio de 2015

Retorno a Brideshead

Dirección Julian Jarrod.

Na Universidade de Oxford, o mozo Charles Ryder coñece casualmente a Sebastian Flyte, fillo de Lord Marchmain. Froito desta amizade, Charles vaise introducindo no exclusivo mundo da alta sociedade británica e visita, por primeira vez, Brideshead, a maxestosa casa familiar dos Flyte. Alí coñece a Julia, a irmá de Sebastian, e queda cativado pola súa beleza dende o primeiro instante.
Nun tempo convulso, Charles será testemuña do declive da familia mentres leva a cabo o seu particular cruzado polo amor de Julia.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Recensión en LaHiguera.net.
Crítica en Fotogramas.
Crítica en Decine21.

Banda sonora.

Trailer:

martes, 19 de mayo de 2015

La ladrona de libros

Dirección Brian Percival.
Tras a morte do seu irmán, Liessel, moza orfa de 9 anos, é adoptada por unha familia obreira, os Hubberman, durante a II Guerra Mundial en Múnic. Grazas ao seu pai adoptivo, aprenderá a ler e os libros, dalgún modo, sérvenlle de evasión do que está a pasar no seu país, baixo o férreo control dos nazis. Animada por unjudío fuxitivo, comeza a escribir as súas memorias, dotándoas de grande imaxinación. O que non sabe é que probablemente a escritura poida salvarlle a vida. 
"A ladroa de libros" é unha dramática historia baseada no libro do escritor australiano Markus Zusak, do mesmo nome, que se converteu nun dos maiores éxitos en vendas de 2005 dentro do xénero da literatura infantil. O gañador dun Emmy Brian Percival (A Boy Called Dad), máis coñecido por dirixir a aclamada serie "Downton Abbey", é o responsable de adaptar a edulcorada e tenra historia dunha nena orfa de 9 anos, que se sobrepón aos tráxicos acontecementos que teñen lugar na Alemaña do III Reich, antes e durante a II Guerra Mundial, grazas aos libros e á lectura. Coa súa nova familia de acollida, aprenderá a ler e vivirá diversas aventuras que poñerán a risco a súa fráxil existencia.

Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica

Loreak

Dirección Jon Garaño e José Mari Goenaga
A vida de Ane dá un xiro cando semanalmente comeza a recibir de forma anónima un ramo de flores na súa casa. Pola súa banda as vidas de Lourdes e Tere tamén se ven afectadas por unhas misteriosas flores. Un descoñecido deposita cada semana un ramo en memoria de alguén que foi importante nas súas vidas. Esta é a historia de tres mulleres, tres vidas alteradas pola mera presenza dunhas flores. Flores que farán xermolar nelas sentimentos que parecían esquecidos... Pero á fin e ao cabo, non son máis que flores.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Reseña en Fotogramas.
Reseña en El País.
Premios Goya 2015

Trailer:

lunes, 18 de mayo de 2015

Charlie et la chocolaterie

Dirección Tim Burton

Charlie Bucket (Freddie Highmore), un neno moi bo dunha familia moi pobre, gaña un concurso, xunto a outros catro nenos de diferentes partes do mundo, para gozar dunha visita durante todo un día á xigantesca fábrica de chocolate dirixida polo excéntrico Willy Wonka (Johnny Depp) e o seu equipo de Oompa-Loompas. A fábrica parécese a un mundo fantástico e máxico cheo de diferentes sabores, todos moi doce.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha da película
Web oficial
Guía didáctica 
Guía de lectura da novela.
Anédotas.
Crítica en Sensacine 21.
10 cosas sorprendentes de la película desde The Huffington Post
Cómo se fixo.
Web oficial de Roald Dahl
Banda sonora

Trailer: