sábado, 16 de febrero de 2019

Secretos de guerra


Dirección Dennis Bots 
1943 nos Países Baixos. Aínda que o país está a ser ocupado, para Tuur e Lambert (ambos de 12 anos) a guerra non é máis que unha fantástica inspiración para os seus xogos entre os bosques e misteriosas covas. Cando Maartje, unha divertida e honesta moza, chega á cidade para vivir nunha granxa próxima, Lambert comeza a sentirse excluído porque Tuur parece prestarlle máis atención a ela que ás súas antigas diversións comúns. Celoso, Lambert cóntalle ao seu pai, alcalde e simpatizante do nazismo, unha pequena infracción que descubriu en casa de Maartje. Pero o que o mozo non sabe é que, ao actuar así, está a revelar indirectamente un segredo moito máis profundo que pode poñer en perigo a vida de Maartje.
Os acontecementos posteriores converteranse nunha auténtica proba para Lambert e Tuur: poderán xa fiarse o un do outro? Pode manterse unha amizade no medio do odio que sempre xera unha guerra?


Na biblioteca .
Ficha técnica
Guía didáctica
Recensión en Fotogramas.
Crítica en Decine21
Crítica de Magazinema.
Crítica en Filasiete.
Recensión en El Periódico
"La amistad puesta a prueba por los nazis" en Magisnet

Trailer:

No hay comentarios: