lunes, 8 de abril de 2019

O guardian invisible

Dirección Fernando González Molina.
Nas marxes do río  Baztan, no val de Navarra, aparece o corpo espido dunha adolescente nunhas circunstancias que o poñen en relación cun asasinato ocorrido nos arredores un mes atrás.
A inspectora da sección de homicidios da Policía Foral,  Amaia  Salazar, será a encargada de dirixir unha investigación que a levará devolta a  Elizondo, unha pequena poboación de onde é orixinaria e da que tratou  dehuir toda a súa vida. Enfrontada coas cada vez máis complicadas derivacións do caso e cos seus propios pantasmas familiares, a investigación de  Amaia é unha carreira contrarreloxo para dar cun asasino que pode mostrar o rostro máis aterrador dunha realidade brutal á vez que convocar aos seres máis inquietantes das lendas do Norte.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica
Web da autora Dolores Redondo
Web das visitas guiadas da novela
Crítica en El Confidencial
Crítica en EspinOf
Reseña en RTVE
Reseña en Fotogramas
Cómo se fixo en LaButaca.net

Trailer:

 

No hay comentarios: