Kate (Emilia Clarke) deambula amargada polas rúas de Londres, acompañada polo continuo tintineo dos cascabeis dos seus zapatos, porque traballa como elfo nunha tenda do Nadal que abre todo o ano. Cando Tom (Henry Golding) aparece na súa vida, Kate empeza a ver as cousas doutra maneira máis optimista, aínda que pareza demasiado idílico para ser verdade. Pero ao chegar o Nadal, todo parece poñerse en contra da parella. Iso si, daranse conta de que o importante será escoitar ao seu corazón.
Recensión en SpinOf
Crítica en Fotogramas
Crítica en Fotogramas
Mapa londinense da película en Travellers
No hay comentarios:
Publicar un comentario