Nun futuro afastado, mil anos despois dunha guerra de carácter apocalíptico, a Terra aparece cuberta de bosques infestados de fungos venenosos e de insectos xigantescos. Os homes foron decimados; os sobreviventes viven nalgúns poboados illados e sobreviven a duras penas nas proximidades dun bosque contaminado con gases tóxicos e insectos mutantes xigantes, que cobren gran parte da Terra. Nausicaä é a princesa do Val de Vento, un reino minúsculo, rodeado de reinos máis poderosos e hostís. É unha guerreira que sabe pilotar naves, pero é tamén compasiva, tanto que se resiste a ver aos insectos como inimigos, sobre todo aos Ohms, artrópodos xigantescos e temibles polos que sente unha estraña simpatía. A crise estala cando o reino veciño de Tolmekia, encabezado pola princesa Kushana, invade O Val do Vento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario