Dirección Oren Moverman.
Baseada na exitosa novela homónima de Herman Koch, A CEA de Oren Moverman é un escuro thriller psicolóxico sobre dúas parellas que se encerellan nun espiñento debate durante unha luxosa cea nun restaurante de pompa.
Cando Stan Lohman (Richard Gere), un simpático congresista candidato a gobernador, e a súa esposa Katelyn (Rebecca Hall) quedan con Paul ( Steve Coogan), o problemático irmán pequeno de Stan, e a súa muller Claire para unha cea aparentemente informal nun dos restaurantes de moda da cidade, a tensión pálpase no ambiente. Stan e Paul levan anos sen falarse, pero os seus fillos adolescentes son moi amigos e cometeron un acto horrible que conmocionou a todo o país. A identidade dos culpables aínda non saíu á luz, e quizá nunca se descubra, pero aínda así os pais deben decidir como proceder. Segundo vai avanzando a noite os catro comensais irán revelando as súas verdadeiras crenzas sobre a natureza do ser humano e as relacións iranse rachando a medida que cada un deles demostre ata onde está disposto a chegar para protexer aos seus seres queridos
No hay comentarios:
Publicar un comentario