lunes, 31 de octubre de 2022

Asesinato en 8 mm

 Dirección Joel Schumacher.

Tom Welles  é un detective privado que se dedica a pescudar asuntos sucios a cambio dun soldo para manter á súa familia. A súa vida dará un xiro inesperado cando acepta o encargo dunha viúva. O obxectivo do traballo en indagar nun dos asuntos do seu defunto marido, co fin de comprobar a autenticidade dunha película onde aparece a tortura e o asasinato dunha nova. Para descubrir se o homicidio é real ou non, Welles deberá penetrarse nun mundo escuro repleto de pornografía, sadomasoquismo, prostitución e violencia. Segundo vaia indagando darase conta dos misterios que rodean as circunstancias daquel vídeo e canta xente está implicada. Tras as pistas que van aparecendo, e desvelando todos os segredos do, aparentemente, inocente marido, o detective verase atrapado nun bulebule de dor, vinganza e xente sen escrúpulos.

Recensión en Sensacine.
Recensión en Fotogramas.
Crítica en DeCine21.
Crítica en CineyCine.

Banda sonora en El poder de la palabra.

Trailer:

No hay comentarios: