Dirección David O. Russell
Massachusetts, anos 80. Dicky Eklund
(Christian Bale), un boxeador conflitivo pero con talento, tenta redimirse
adestrando ao seu irmán menor. Nos seus bos tempos fora o orgullo da súa cidade
natal por tombar unha vez ao campión do mundo Sugar Ray Leonard; pero despois
viñeron os tempos difíciles nos que se afundiu nunha perigosa mestura de drogas
e delincuencia. Mentres tanto, o seu irmán Micky Ward (Mark Wahlberg)
converteuse nunha promesa do boxeo, e as rendas da súa carreira lévaas a súa
nai (Melissa Leo). Con todo, a pesar do seu potente gancho de esquerda, sempre
acaba derrotado. Tras un combate que nunca debeu celebrarse, Micky decide
seguir o consello da súa noiva Charlene (Amy Adams) e afastarse da súa familia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario