martes, 4 de abril de 2023

El candidato

 Dirección Jason Reitman. 

Narra a campaña presidencial do senador estadounidense Gary Hart, que tivo lugar en 1988, momento no que os medios de comunicación difundiron un escandaloso romance extramatrimonial do político. Tras perder a candidatura democrática contra Walter Mondale en 1984, Gary Hart (Jackman) fixo un regreso triunfal á candidatura a Presidente en 1987, nun momento en que o seu partido estaba desesperado por arrebatarlle o poder aos republicanos despois de dous mandatos de Reagan. Hart tiña todo para el: intelixencia, carisma e experiencia como avogado, director de campaña e senador, sen mencionar a unha Primeira Dama ideal na súa adorable esposa Le (Farmiga). Pero todo comeza a desmoronarse cando corre a voz de que Hart é un mullereiro, un rumor seguido rapidamente por informes de que tivo unha aventura con Donna Rice (Sara Paxton).


Trailer: 

The Mauritanian

Dirección Kevin MacDonald.

Capturado polo goberno dos Estados Unidos, Mohamedou Ould Slahi sobrevive na prisión de Guantánamo onde leva máis dunha década sen cargos nin xuízo. Tras perder toda esperanza, Slahi atopa aliados na avogada defensora Nancy Hollander e a súa asociada Teri Duncan. Xuntos enfróntanse a innumerables obstáculos nunha procura desesperada de xustiza.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Recensión en EspinOf.
Recensión en Fotogramas.
Crítica en DeCine21.
Recensión en El País.

Trailer:

El escándalo Ted Kennedy

 Dirección John Curran.

18 de xullo de 1969. O senador “Ted” Kennedy abandona unha festa na illa de Chappaquiddick, Massachusetts, acompañado de Mary Jo Kopechne, unha antiga secretaria do seu irmán asasinado, Robert Kennedy. “Ted”, que bebeu, descóidase mentres conduce e o seu coche precipítase a un lago desde unha vella ponte. Só o senador sae do vehículo. Pero non avisa do accidente ata varias horas despois e o corpo da muller é recuperado sen vida. A maquinaria para protexer a carreira política de “Ted” Kennedy ponse en marcha.

Recensíon en Fotogramas.
Recensión en ABC Play.
Crítica en LaHiguera.net.

Trailer:

La sociedad literaria y el pastel de piel de patata

 Direcciópn Mike Newell.

Tras o fin da Segunda Guerra Mundial, unha escritora establece un inesperado vínculo cun grupo de residentes da illa de Guernsey (situada na Canle da Mancha) cando decide escribir un libro sobre as súas vivencias durante o conflito bélico. Adaptación cinematográfica do superventas homónimo escrito por Annie Barrows e Mary Ann Schaffer e publicado en 2008. Trátase dun drama romántico situado en 1946, coa guerra xa terminada, que narra como a escritora Juliet Ashton coñece o club de lectura de tan curioso nome. Alí, a moza sucumbe ao encanto da illa e dos membros do club, aínda que pronto se dá conta de que ocultan un terrible secreto.

Recensión en EspinOf.
Recensión da novela en Penguin.
Crítica en LaHiguera.net.
 
Trailer:

Érase una vez en... Hollywood

Dirección Quentin Tarantino.

Los Ángeles, 1969. Un ano marcado pola guerra fría, a chegada ao poder de Richard Nixon, o movemento hippie, a era do amor libre, Woodstock, a chegada do home á lúa, ademais do sanguento masacre a mans da seita de Charles Manson entre os que se incluíu o terrible asasinato a Sharon Tate, a muller do director Roman Polanski que estaba embarazada e a dúas semanas de dar a luz.

Neste contexto, Rick Dalton (Leonardo DiCaprio), un actor de series de western en televisión vindo a menos, xunto con Cliff Booth (Brad Pitt), o seu mellor amigo e tamén o seu dobre nas secuencias de acción, tentan abrirse camiño como poden nun Hollywood onde se viven ventos de cambio. Na particular odisea destes dous actores que buscan o seu sitio en Hollywood, cruzaranse coa actriz Sharon Tate (Margot Robbie), unha nova estrela que o ano anterior fora nomeada ao Globo de Ouro.

Recensión en EspinOf.
Recensión en Fotogramas.
Crítica en Sensacine.

Trailer:

lunes, 3 de abril de 2023

La edad de la inocencia

 Dirección Martin Scorsese.

Nova York, ano 1870. Newland Archer (Daniel Day-Lewis), un cabaleiro da alta sociedade neoiorquina, está prometido con May Welland (Winona Ryder), unha moza da súa mesma clase social. Pero os seus sentimentos cambian cando coñece á pouco convencional curmá de May, a condesa Olenska (Michelle Pfeiffer). Desde o principio, defenderá a difícil posición da condesa, cuxa separación dun marido autoritario converteuna nunha especie de proscrita dentro da súa propia clase social.

Recensión en Zenda.
Crítica en EspinOf.

jueves, 23 de marzo de 2023

La dama de oro

 Dirección Simon Curtis.

Baseada nunha historia real. En 1998 Maria Altmann (Helen Mirren), unha muller xudía que fuxiu de Viena durante a II Guerra Mundial, regresa sesenta anos despois para reclamar as propiedades que os nazis confiscaron á súa familia, entre as que se atopa o soado 'Retrato de Adele Bloch-Bauer I', de Gustav Klimt . Un mozo avogado (Ryan Reynolds) axudaraa na súa loita co goberno austriaco e a Corte Suprema dos Estados Unidos. Ao mesmo tempo, Maria deberá enfrontarse aos terribles recordos do seu pasado.

Na biblioteca e na wikipedia.

Pintura y artistas: El cuadro de Klimt.  
Recensión en Fotogramas

Trailer: