Tras o fin da
Segunda Guerra Mundial, unha escritora establece un inesperado vínculo cun
grupo de residentes da illa de Guernsey (situada na Canle da Mancha) cando
decide escribir un libro sobre as súas vivencias durante o conflito bélico.
Adaptación cinematográfica do superventas homónimo escrito por Annie Barrows e
Mary Ann Schaffer e publicado en 2008. Trátase dun drama romántico situado en
1946, coa guerra xa terminada, que narra como a escritora Juliet Ashton coñece
o club de lectura de tan curioso nome. Alí, a moza sucumbe ao encanto da illa e
dos membros do club, aínda que pronto se dá conta de que ocultan un terrible
secreto.
Crítica en LaHiguera.net.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario