Dirección Quentin Tarantino.
Los Ángeles,
1969. Un ano marcado pola guerra fría, a chegada ao poder de Richard Nixon, o
movemento hippie, a era do amor libre, Woodstock, a chegada do home á lúa,
ademais do sanguento masacre a mans da seita de Charles Manson entre os que se
incluíu o terrible asasinato a Sharon Tate, a muller do director Roman Polanski
que estaba embarazada e a dúas semanas de dar a luz.
Neste contexto,
Rick Dalton (Leonardo DiCaprio), un actor de series de western en televisión
vindo a menos, xunto con Cliff Booth (Brad Pitt), o seu mellor amigo e tamén o
seu dobre nas secuencias de acción, tentan abrirse camiño como poden nun
Hollywood onde se viven ventos de cambio. Na particular odisea destes dous
actores que buscan o seu sitio en Hollywood, cruzaranse coa actriz Sharon Tate
(Margot Robbie), unha nova estrela que o ano anterior fora nomeada ao Globo de
Ouro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario