viernes, 20 de julio de 2007

Guerra y paz


Director King Vidor.
Adaptación da novela de Tolstoi, que segue a vida dunha familia rusa durante a Guerra de 1812. No 1805 Napoleón ameaza con invadir Rusia. Pierre Bezukhov, un intelectual pacifista fillo natural dun aristócrata, mantense á marxe da contenda. Refúxiase en casa do conde Rostov, un nobre arruinado polo xogo, e namórase da súa filla, Natasha, quen narra os sucesos históricos dende o seu punto de vista. Unha muller que pasa da adolescencia á madurez ao longo da narración. Esta película, cun dos mellores elencos que reúna unha superproducción, elimina certas dispersións do libro e concéntrase basicamente na historia central. Só así puido adaptar unha obra que conta con máis de mil páxinas e preto de cen personaxes, entre protagonistas e secundarios. King Vidor (Duelo ao Sol) dirixe este transatlántico sen xamais perder o rumbo.
Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Reseña do autor.
Banda sonora.
Imaxes da película:

No hay comentarios: