sábado, 28 de julio de 2007

Tiempos modernos


Director Charles Chaplin.
Un obreiro da industria do aceiro acaba perdendo a razón, extenuado polo frenético ritmo da cadea de montaxe do seu traballo. Logo de pasar un tempo no hospital recuperándose, ao saír é encarcerado por participar nunha manifestación, na que se atopaba por casualidade. No cárcere, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motín polo que gaña a súa liberdade. Unha vez fóra do cárcere reemprende a loita pola supervivencia, loita que compartirá cunha moza orfa que coñece na rúa.
Chaplin creou unha xenial sátira da sociedade industrial que modernizou os sistemas produtivos á conta de supor unha alienación do individuo para millóns de traballadores. Unha obra mestra indiscutible que contén algúns dos gags máis memorables do artista, ademais de ser a última película na que aparece o inesquecible personaxe de Charlot.

Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Crítica.
1ª Guía didáctica e 2ª Guía didáctica.
Reseña biográfica e fotos
Páxina oficial da película.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: