![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgrXVKPgxgPwLgmOaU73yMddWY7Giw4DewmreC_U3iH3KE_RSbFxRa8x0TaM0GsjoQVPB0QlgLZge4KKgXvj0_3qsQArwfCuJXL41jeTF7ezxX_OzScxEWwu2fxouMX2xn3kU37vLUn_g0/s320/meigallos.jpg)
Dirección Tomás Conde e Virginia Curiá.
Cansada dos poucos resultados do doutor a nai decide pedirlle a Meiga do Castro axuda para desenrevellar o seu esmirriado fillo. Uns pais labregos, un rapaz cun 'aire de defunto', unha bruxa cun peinado rockanroleiro e uns porcos máis listos do habitual son os protagonistas desta curta de animación con personaxes de plastilina. A Meiga do Castro é unha espabilada muller que axudará -previo pago dun porco- a curar a doenza do rapaz. Pero axiña se verá que as cousas non son o que parecen... Baseada na obra poética de Eladio Rodríguez.
Na biblioteca.
Ficha técnica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario