Que ocorrería se
o extraterrestre máis simpático do universo perdese o bus de volta a casa? Esta
pregunta deu orixe á película máis persoal de Steven Spielberg, da que agora
celebramos o seu vinte aniversario. No pequeno Elliott, que sofre pola recente
separación dos seus pais, e que non ten amigos da súa idade, podemos ver o
“alter ego” de Spielberg. Tamén el pasou polo divorcio dos seus pais, e era un
raparigo solitario, que buscaba refuxio na súa enorme imaxinación. Como o
protagonista de E.T., que vive nunha casa dunha zona residencial e xoga cos
seus bonecos de superheroes. Pero o que máis anhela é un verdadeiro amigo e,
como explica o director, “dentro desa existencia en solitario chega un agasallo
das estrelas, o mellor amigo que puidese un imaxinar. Por suposto, isto é algo
que nunca me sucedeu a min, pero é unha parte das miñas fantasías. Cando eu
tiña 9 anos desexaba ter un amigo que viñese das estrelas e crecese comigo. E
penso que, en definitiva, dese desexo xurdiu a idea de facer E.T.”
Ficha técnica.
Crítica en Fotogramas.
Recensión en Sensacine.
Recensión en ABC Play.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario