Mason, un pequeno soñador, enfróntase á primeira gran
convulsión da súa vida: Olivia, a súa entregada e loitadora nai solteira,
decidiu mudarse con el e a súa irmá Samantha a Houston, xusto cando o seu pai
acaba de regresar de Alasca e volveu reaparecer no seu mundo.
Richard Linklater dirixe, escribe o guión e produce este
drama de ficción rodado co mesmo grupo de actores durante doce anos, de 2002 a
2013, que nos embarca nunha viaxe tan épica como íntimo a través da euforia da
nenez e os sísmicos cambios da adolescencia para mostrar o paso do tempo nunha
familia moderna.
A película segue a Mason (ao que dá vida Ellar Coltrane)
dende os seis anos e durante algo máis dunha década poboada de cambios,
mudanzas, controversias, relacións que se cambalean, vodas, colexios, amores,
desilusións, momentos marabillosos, momentos de medo e unha constante mestura
de esgazadura e de sorpresa. Os resultados son totalmente impredicibles, xa que
cada momento leva o seguinte, entrelazándose na profunda experiencia persoal
dos incidentes que nos marcan ao longo da vida.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Recensión na BBC.
Oscars 2015.
Recensión en El Mundo: "¿Se puede ser más indie?"
Crítica en LaButaca.net.
Especial Oscars en RTVE.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario