En 1966 un John Lennon en plena crise existencial,
decidido a rematar definitivamente cos Beatles e convencido de poder
lanzarse á carreira de actor, chega a Almería para rodar ás ordes de Richard
Lester unha película antibelicista: Como gañei a guerra.Antonio, profesor
de inglés nun humilde colexio de Albacete decide emprender a viaxe
para coñecelo e facerlle unha inusual petición. Na ruta, crúzase con Belén,
que se escapou da turbia reclusión á que está sometida pola súa familia e polo
ámbito social do país. Ten apenas 20 anos, pero carga cun pasado do que foxe.
Ambos os dous tropezaranse con Juanjo, un adolescente de 16 anos, que se
fuxiu de casa en plena rebeldía xuvenil e enfrontamento co seu pai.Lennon será
para eles un símbolo de liberdade, unha aspiración. Os tres comparten os días e
a aventura convertidos na expresión dun país que aspira a un futuro mellor na
fermosa e atrasada Almería dos anos 60, nos mesmos lugares e días en que Lennon compuxo
a canción "Strawberry Fields Forever".
Ficha técnica.
Recensión en Sensacine.
Recensión en El País.
Banda sonora.
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario