Un dos dereitos que teñen os nenos é o da educación e moitas
veces, os adultos en occidente non somos conscientes das vicisitudes que teñen
sortear os máis desfavorecidos para chegar á escola. Catro nenos de diferentes puntos xeográficos
(Kenya, La Patagonia, a India e Marrocos) conseguen asistir a clase todos
os días. A distancia, a falta de medios económicos e a súa propia debilidade
persoal non escorrentan estes rapaces con ganas de aprender de ser alguén o día
de mañá Camino á escuelaes un documental que xurdiu cando o
director, Pascal Plisson (Massai - Lesguerriers da pluie)
estando en Kenya con motivo doutra película, "Safari", topouse cuns
rapaces que levaban dúas horas camiñando, baixo un sol abrasador, para poder
chegar á súa clase. Unha vez decidido seguir adiante co proxecto, encontráronse
os protagonistas grazas á axuda inestimable de Unicef e da Unesco.
Este filme foi presentando en diversos certames de prestixio, sendo galardoado
co premio Cesar ao Mellor Documental de 2014 en Francia. Os
participantes de Camino á escuela son nenos e nenas, con idades
comprendidas entre os 6 e os 11 anos, no que cada un reflicte en pantalla cual é
o proceso que os leva a acudir á escola. Jackson e a súa irmá en Kenya
percorren 15 km, expostos aos perigos da natureza. Carlos da Patagonia,
percorre 18 montado a cabalo. Zahira, de Marrocos, ten a sorte de recibir
unha educación e anda 22 km para chegar ao colexio internado no que permanece
de luns a venres. Por último e non menos espectacular é o caso de Samuel de la
India que, xunto aos seus irmáns, transita 4 km, pero que el vai en
cadeira de rodas e os seus irmáns van empurrándolle todo o camiño.
Na biblioteca
Ficha técnica.
Web oficial.
Recensión en Unesco.
Recensión en El País.
Guía didáctica.
Presentación do documental en RTVE polo director
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario