miércoles, 29 de julio de 2015

El médico

Dirección Philipp Stölzl.
Baseada no best-seller homónimo de Noah Gordon, este filme preséntanos a Rob J. Cole (Tom Payne), un mozo británico de familia carpinteira, cuxos irmáns foron acollidos por outras familias. Un destino que el mesmo compartirá, xa que remata na casa dun barbeiro que lle ensinará o oficio.
Cando este morre, Rob encamíñase a coñecer a Benjamin Merlin, un médico xudeu polo que mostra admiración e que lle esperta a súa paixón pola medicina. O xudeu contaralle como aprendeu medicina da man de Ib Bin Sina (Ben Kingsley, Gandhi) en Persia eRob, decidido a ser médico, tamén emprenderá a súa viaxe a este país oriental, coa ilusión de converterse no mellor da súa profesión.
Para chegar ao seu destino, o protagonista terá que atravesar toda Europa e vivir aventuras que xamais tería imaxinado: facerse pasar por xudeu, facer novas amizades con xente que non comparte nin a súa lingua, nin as súas crenzas, nin os seus costumes... Ao final da súa viaxe, Rob terá coñecido dúas culturas novas, a persa e o feixón, bastante diferentes á súa, británica.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Recensión en RTVE.
Recensión en Fotogramas.
Entrevista ao autor da novela Noah Gordon en El País.
Entrevista ao director en LaHiguera.
Crítica en DeCine21.

Trailer:

No hay comentarios: