martes, 28 de julio de 2015

Cold Mountain

Director Anthony Minguella.
Cold Mountain percorre os camiños entrelazados de tres persoas desarragidas por culpa da guerra, tres persoas cuxa supervivencia física e espiritual remata dependendo das outras dúas. En primeiro lugar, está o soldado confederado Inman (Jude Law) que resulta ferido nunha batalla e loita para regresar ao seu fogar e á muller que ama, aínda que teña que atravesar todo un país en guerra. Mentres vai en busca da súa amada Ada (Nicole Kidman) animado polos seus recordos, Inman crúzase con escravos e rebeldes, foxe de soldados e cazarrecompensas e fai amigos extraordinarios e inimigos perigosos en cada revolta do camiño. A viaxe paralela de fe e coraxe de Ada tampouco é un camiño de rosas. É unha muller dunha familia acomodada que por primeira vez na súa vida ten que enfrontase soa un mundo perigoso, sen ninguén que o acompañe e sen coñecer a vida real. Ademais, vese obrigada a protexer a granxa do seu pai da ruína e os saqueos. Unha alegre moinante de nome Ruby (Renee Zellweger) acode ao rescate de Ada e convértese noutro factor clave da historia. Ruby ábrelle os ollos a Ada, mostrándolle o que é a coraxe, a valerse por si mesma e revélalle un sorprendente mundo que Ada nunca vira antes.
A medida que Inman, Ada e Ruby se van coñecendo mellor, estes tres personaxes fían unha historia sobre a nostalxia que se sente polo fogar despois de estar na xungla e o desexo de paz despois da brutalidade da guerra. Necesitan desesperadamente recuperar o amor e o sentido da familia co pano de fondo dun dos acontecementos máis transcendentais da historia dos Estados Unidos.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web ofical.
Cómo se fixo.
Crítica en LaButaca.net.
Crítica en AlohaCriticón.
Crítica en DeCine21.
Recensión en Fotogramas.
Banda sonora.

Trailer:

No hay comentarios: