domingo, 1 de marzo de 2009

Golfus de Roma

Dirección Richard Lester.
A través do escravo Pseudolo (Zero Mostel) imos coñecendo os diversos personaxes que protagonizan esta historia: temos a Licio (Phil Silvers), un home que se dedica á venda de carne -feminina, para ser exactos-; Senex (Michael Hordern), un patricio algo calvo dominado pola súa muller, Domina; o fillo destes, Heroe (Michael Crawford); Herronio (Buster Keaton), vago precedente de Holandés Errante, que pasa a película buscando os seus fillos, secuestrados polos inimigos do Imperio; ou Histerio (Jack Gilford), o escravo xefe do matrimonio, covarde e rastrexo como o que máis. Pseudolo é un dos máximos representantes dos auténticos golfos romanos, e pretende, aproveitando a ausencia do seu amo Senex, facer un trato con Heroe. O plan consiste en pedirlle a liberdade e a cambio conseguirá para el o amor de Filia (Annette Andre), unha rapaza que foi vendida por Licio a un valente xeneral romano. A astucia de Pseudolo fai que Licio crea que Filia padece unha terrible enfermidade e quedebe librarse dela. É dese modo que a moza coñece o seu Heroe e poden entoar a primeira romanza amorosa, aínda que non sen que os descubra Histerio, o escravo soprón. A partir dese momento, os equívocos sucédense un tras outro, non sen que antes media Roma quedara parrulos arriba como presaxio do derrubamento de Imperio Romano.

Na biblioteca.
Ficha técnica.
Guía didáctica.
Plauto y Golfus de Roma.
Powerpoint de una conferencia sobre Golfus de Roma a cargo de Pedro Luis Cano.
Golfus de Roma, un palimpsesto cinematográfico por Alba Romano Forteza.
A película en El aula de latín.
Crítica de Tomás Delclós y Carlos Balagué.
Banda sonora.
Trailer: