jueves, 12 de noviembre de 2015

Agosto

Dirección John Wells.
A familia Weston é complexa, en estrutura e tamén en reviravoltas. O matrimonio formado por Beverly Weston e a súa esposa Violet ten tres fillas, unha neta, unha criada e moitos trapos sucios que lavar. A familia disponse a pasar reunida uns días nunha vasta casa situada en Oklahoma e elixen para facelo un mes sufocante: agosto.
As vacacións familiares serán todo o contrario a un encontro idílico. Os acontecementos turbios e desconcertantes sucédense e poñen a proba a cada un dos membros. O patriarca desaparece repentinamente. Violet, adicta aos fármacos, non ten moi boa relación coas súas fillas, en especial coa maior, Barbara, coa que discute constantemente. A primoxénita foi enganada polo seu marido e a súa filla, inmersa na adolescencia máis hormonal, non fai máis fáciles as cousas. Un cóctel putrefacto, aderezado coa asfixiante calor propia do mes, que desgastará a relación parental dos Weston, cambiando para sempre o seu futuro.

Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica
Crítica en LaButaca.net: "El festín de Beverly"
Crítica e entrevista co director en LaHiguera.net.
Recensión en Fotogramas.
Comentario en ABC.
Banda sonora.

Trailer:

lunes, 2 de noviembre de 2015

Her

Dirección Spike Jonze.
A película sitúanos nun futuro non  moi afastado onde vive Theodore (Joaquin Phoenix), un home solitario que traballa como escritor e que está a pasar polas últimas etapas dun traumático divorcio. A vida de Theodore non é demasiado emocionante, cando non está a traballar pásase as horas xogando a videoxogos e, de cando en vez, sae cos seus amigos. Pero todo vai cambiar cando o escritor decide adquirir un novo sistema opertavio para o seu teléfono e o seu computador, e este sistema ten como nomee "Samantha" (voz de Scarlett Johansson).
Samantha é un novo modelo de intelixencia artificial e a Theodore gústalle desde o primeiro momento: a súa voz é sexy e bonita, sabe escoitar, dá bos consellos e a súa función é satisfacer os desexos do seu dono. Cada vez pasan máis tempo xuntos e o que Theodore non podía imaxinarse é que Samantha e el acabarían namorándose o un do outro, pero Samantha non é unha persoa, senón un robot, o que some a Theodore nunha estraña sensación de xúbilo e dúbidas.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Recensión en BlogdeCine
Crítica en LaButaca.net: "Her: no vayas presumiendo por ahí".
Crítica en Fotogramas.
Recensión en El País
Banda sonora.

Trailer:

domingo, 1 de noviembre de 2015

La vida secreta de Walter Mitty

Dirección Ben Stiller
Walter Mitty traballa no departamento de negativos fotográficos de Life, unha coñecida revista. O seu día a día é monótono e aburrido pero, grazas á gran imaxinación que posúe, trasládase continuamente a lugares imaxinarios afastados da realidade mundana. A única que alegra a súa rutina diaria é Cheryl, unha muller que comezou recentemente a traballar na oficina.
A revista, que vai deixar de ser impresa para converterse nun medio online, está a preparar o seu último número, mentres os despedimentos convértense en algo habitual. A responsabilidade da fotografía que irá na portada final recae sobre Walter, quen non atopa o negativo que o recoñecido fotógrafo Sean O'conell envioulle por correo.
Os seus fantasiosos soños convértense en realidade cando decide viaxar lonxe en busca de Sexan, para preguntarlle onde está o fotograma perdido. O editor solicita varias pistas sobre o paradoiro do fotógrafo trotamundos grazas á axuda de Cheryl. Walter vivirá unha experiencia única que implicará deportes extremos e camiñadas interminables pero, servirá todo este esforzo para que Life peche da forma grandiosa que se merece?

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica
Web oficial.
Crítica en Blog de cine:"La magia desteñida"
Crítica en Decine21.
Curiosidades da película
Recensión da primeira versión da película en 1947 en The Cult
Banda sonora

Trailer: