Mostrando entradas con la etiqueta divulgación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta divulgación. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de junio de 2021

El hombre que conocía el infinito

 Dirección Matt Brown

India colonial, 1913. Srinivasa Ramanujan ( Dev Patel) é un novo xenio autodidacta de 25 anos, que fracasou na universidade debido ao seu estudo case obsesivo e illante das matemáticas. Decidido a dedicarse á súa paixón, a pesar do rexeitamento e a burla dos seus compañeiros, Ramanujan ingresa no Trinity College de Cambridge baixo a tutela de G. H. Hardy (Jeremy Irons), un eminente e excéntrico profesor de matemáticas que recoñece a súa brillantez e pelexará sen descanso para conseguir o recoñecemento que o seu pupilo merece. Coa axuda de Hardy, o traballo de Ramanujan evoluciona de tal maneira que revolucionará as matemáticas e transformará a forma na que os científicos explican o mundo. 

Unha sorprendente e verdadeira historia dun intelecto único, cuxas teorías xurdiron desde a escuridade nun mundo ao bordo da guerra

Crítica en Otros Cines.
Crítica en Sensacine
Recensión en Cultura Joven.

Trailer:

lunes, 12 de octubre de 2020

La guerra de las corrientes

Dirección Alfonso Gómez-Rejón.
Inspirada nos feitos reais sobre a feroz competencia que mantiveron os inventores Thomas Edison ( Benedict Cumberbatch), George Westinghouse (Michael Shannon) e Nikola Tesla (Nicholas Hoult)) con respecto á comercialización da lámpada eléctrica durante o século XIX.
Ambientada nos Estados Unidos da década de 1890, nun momento no que comezaba a implantación do sistema
eléctrico, esta película tamén presenta un percorrido polas orixes da electricidade a través dos avances tecnolóxicos que se produciron e que sentaron as bases dos sistemas de transformación e distribución de enerxía actuais.

Recensión en Recursos TIC.
Recensión en Lumina e en Endesa.
Crítica en Fotogramas.
Crítica en El Periódico e no ABC.

Trailer:
 

lunes, 5 de octubre de 2020

Figuras ocultas

Dirección Theodore Melfi.

A historia desenvólvese en Estados Unidos a principios dos anos 60 durante a guerra fría e en plena carreira espacial da NASA que no seu intento de superar aos rusos busca mentes privilexiadas para traballar como auténticos computadores humanos. 
Esta película, baseada no libro de Margot Le Shetterly, conta a historia real de tres mulleres afroamericanas. Katherine Johnson, Dorothy Vaughan e Mary Jackson, vítimas da segregación racial, servíndose tan só dos seus lapis e unhas sinxelas máquinas de calcular, achegaron os cálculos necesarios para que o astronauta John Glenn realizase con éxito a primeira órbita completa ao redor da Terra. 
Pero o realmente sorprendente é que o nome destas tres mulleres permaneceu oculto para a Historia cando en realidade o seu traballo resultou indispensable nos avances que permitiron ao home pisar a Lúa.

Crítica en Fotogramas
Recensión en El País: "La santidad de las matemáticas"
Guía didáctica en Estucinema.
Guía didáctica en Amnistía Cat.

Trailer:

lunes, 2 de febrero de 2009

Inteligencia artificial

Dirección Steven Spielberg. Nun mundo futuro onde os avances científicos fan posible a existencia, os humanos comparten todos os aspectos das súas vidas con sofisticados robots denominados Mecas. A emoción é a última e controvertida fronteira na evolución das máquinas. Pero cando un avanzado neno robótico chamado David é programado para amar, os humanos non están preparados para as consecuencias. David atopa solo nun estraño e perigoso mundo. Axudado por un androide, David emprende unha viaxe para descubrir o segredo da súa propia identidade, descubrindo un mundo no que a liña entre os humanos e os robots é aterradora e profundamente delgada. 

Crítica e reseñas en La Butaca

 Trailer: