miércoles, 4 de diciembre de 2013

El ultimatum de Bourne

Dirección Paul Greengrass.
Treadstone, o programa de operacións secretas que creou a Jason Bourne (Matt Damon), xa non existe. Foi absorbido polo programaBlackbriar, do Departamento de Defensa, que lanzou á rúa unha nova xeración de asasinos profesionais a disposición do goberno e cuxa existencia é descoñecida. Para eles, Bourne debe ser eliminado; para el, eles son o único elo que lle une a unha vida que se esforzou en esquecer. Bourne chegou ao final do camiño. Esta vez non lle abondarán as promesas baleiras dos seus antigos amos; tampouco se deterá ao matar os que o perseguen sen tregua. Non lle queda nada que perder e servirase de todo o que lle ensinaron, de todos os seus instintos para chegar ata os seus creadores e rematar dunha vez por todas.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en Fotogramas.
Crítica en BlogdeCine.
Recensión en Revista de Libros.
Como se fixo.
Web oficial.

Trailer:

 

martes, 3 de diciembre de 2013

Last Orders

Dirección Fred Schepisi.
"Last orders" é unha road movie cuxos protagonistas son unha urna de cinzas e catro vellos amigos. Jack Dodds (Michael Caine) era un tipo normal e corrente e enton-ces de onde saíu o seu último desexo de que botasen as súas cinzas dende o peirao de Margate? Y, por que a súa muller Amy (Helen Mirren) se negou a facelo? Mentres o Mercedes no que viaxan se dirixe cara ao mar vaise descubrindo un emocionante misterio e os homes intentan comprender a morte de Jack rememorando a súa vida con el: a guerra, os fillos, as leas amorosas, os bos e os malos tiem-post. A viaxe convértese nunha longa rolda de bares, borracheiras e pelexas e os catro descobren que son os amigos que che rompen o corazón e os que tamén cho volven recompoñer.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en LaButaca.net.
Reportaxe en Fotogramas.
"Cinco bellos rostros" en El País.
"Last Orders; cerveza, amigos y nostalgia" de Eternidad & Cine.
Como se fixo desde LaButaca.net.
Web oficial.

Trailer:


El ladrón de palabras

Dirección Brian Klugman e Lee Sternhal.
"O ladrón de palabras" embarca o espectador nunha viaxe que lle traslada dende o París da posguerra ata o Nova York de hoxe en día para contar a historia de Rory Jansen (Bradley Cooper), un novo e exitoso escritor que descobre o prezo que debe pagar por plaxiar a obra doutro cando un misterioso ancián (Jeremy Irons) se enfronta a el afirmando ser o verdadeiro autor da súa novela e relata os fermosos aínda que tráxicos recordos que deron orixe ao libro. Ao comprobar que outro home pagou caro o tesouro que conteñen as palabras da novela, Rory fai fronte a cuestións como a creatividade, a ambición e as eleccións morais que fixo guiado polos seus propios intereses.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en CineDivergente.
Crítica en BlogdeCine.
Crítica en DeCine21
Reportaxe en Fotogramas.
Como se fixo, making of de La Butaca.net
Recensión en El País.

Trailer:

 

La red social

Dirección David Fincher.
Unha noite de outono do ano 2003, Mark Zuckerberg (Eisenberg), alumno de Harvard e xenio da programación, séntase diante do seu ordenador e cheo de entusiasmo empeza a desenvolver unha nova idea. O que comezou no cuarto dun colexio maior pronto converteuse nunha revolucionaria rede social. Seis anos e 500 millóns de amigos despois, Mark Zuckerberg é o billonario máis novo da historia. Pero a este mozo emprendedor o éxito non o trouxo máis que complicacións persoais e legais. Escrita por Aaron Sorkinbaseada no libro "The Accidental Billionaires" de Ben Mezrich, "The Social Network" narra a historia dos mozos fundadores da popular rede social Facebook, especialmente do seu creador máis coñecido,Mark Zuckerberg. A súa lenda reza: "Non" se fan "500 millóns de amigos sen facer uns cantos inimigos. "

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía didáctica del IPES Elkartea no seu proxecto  El Mundo, el Cine y los Derechos Humanos.
Ficha didáctica de Cuadernalia. e de Fuenmayor
Crítica en LaButaca.net: “La red social”: La sociedad de la desconexión
Reseña en Días de Cine de RTVE (contén imaxes da película)
Crítica de AlohaCriticón.
Crítica en The Cult.
Reseña en LaHiguera.net.
Banda sonora.

Trailer:

El profesor

Dirección Tony Kaye.
En "O profesor (Detachment) ", Adrien Brody interpreta a Henry Bathes, un profesor que posúe un auténtico don para conectar cos alumnos. Pero Henry prefire ignorar o seu talento. Ao traballar como profesor substituto, nunca permanece bastante tempo nun centro como para manter unha relación afectiva cos seus alumnos ou os seus compañeiros. Cando chega a un instituto onde unha frustrada administración conseguiu volver totalmente apáticos os alumnos,Henry non tarda en converterse nun exemplo a seguir para os adolescentes. Descobre que ten unha conexión emocional cos alumnos, cos outros profesores e cunha adolescente á que recolle na rúa. Por fin decátase falto de amor e cheo de maldade de que non está só na súa desesperada busca da beleza nun mundo aparentemente.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en BlogdeCine.
Reportaxe en Fotogramas.
Crítica en CineDivergente:"La deconstrucción del yo, de todos nosotros"
Reseña en Días de Cine de RTVE (inclúe imaxes da película)
En clave de cine: "Viaje al centro del problema"

Trailer: