viernes, 12 de junio de 2009

La Bamba


Dirección Luis Valdez.
Biografía sobre o cantante, guitarrista e compositor de rock Ricardo Valenzuela, que alcanzou a fama a finais dos anos 50 co pseudónimo de Ritchie Valens. De orixe humilde, Ricardo, comezou a actuar moi pronto en festas e bailes. En 1958 asinou un contrato discográfico e a súa canción Come On, Let's Go foi todo un éxito. Fixo unha xira ao longo e ancho do seu país e apareceu en numerosos programas de televisión. En 1959, cando iniciaba unha segunda xira, estrelouse o avión no que viaxaba, xunto a outras estrelas do rock como Buddy Holly e Big Bopper. Non cumprira os dezaoito anos.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica da película.

Trailer:

American Graffiti


Dirección George Lucas.
Na última noite do verán de 1962, os mozos dun pobo de California queren saír a divertirse antes de ter que volver ás súas responsabilidades.
George Lucas, antes de ser arquicoñecido pola saga de La guerra das galaxias, rodou este filme que foi nomeado aos Oscar en cinco categorías incluíndo mellor película. A fita fai unha descrición da xuventude norteamericana de plenos anos 60. A mestura de inseguridade dun futuro que chega, as ilusións vitais duns rapaces adolescentes e as ansias, á vez, de diversión, tan propias da idade, son o tema central da película. Hoxe en día segue sendo unha das fitas que mellor describen os ideais xuvenís daquela época.
Entre a repartición figuran os nomes de Richard Dreyfuss, Ron Howard, Harrison Ford... O filme conta con nostálxicos temas de The Flamingos, The Platters, The Diamonds, Chuck Berry ou The Beach Boys, entre outros.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica
Páxina web do 21th anniversary
Música nos 60/70.
Entrevista ao director.
Trailer: