viernes, 30 de abril de 2010

Colgados en los Angeles


Dirección Mika Kaurismäki.
Aos seus 22 anos, Richard herdou o negocio de pompas fúnebres do seu pai en Bradford e está a punto de casar con Joy, a filla dun rico home de negocios da localidade. Pero fáltalle algo na súa vida... Richard é un aspirante a escritor, gústanlle as películas e todo o relacionado co Hollywood. A súa vida dará un xiro cando, durante un funeral coñece a Barbara, unha actriz de Los Angeles. Para Richard, é auténtico amor á primeira vista. Animado polo espírito do seu heroe, Johnny Deep, Richard segue a Barbara ata a súa casa e plántase ante a porta, vestido co seu traxe de la inglés. Pero as cousas non lle van ir sobre rodas, xa que ten que loitar contra un rival decidido e moi seguro de si mesmo.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en De Cine21.

Making off Trailer:

jueves, 29 de abril de 2010

Lost in Traslation


Direción Sofía Coppola.
Bob Harris é un coñecido actor norteamericano cuxa carreira decaeu ultimamente. A cambio dunha xenerosa remuneración, acepta participar nun anuncio de whisky xaponés que se vai rodar en Tokyo. Na súa visita a Xapón, experimenta un considerable choque cultural, polo que pasa a maior parte do tempo libre no seu hotel. Precisamente no bar do hotel coñece a Charlotte, unha muller de veintitantos anos que está casada cun novo fotógrafo de renome. Este encóntrase en Tokyo cumprindo un encargo profesional e, mentres traballa, a súa muller distrae o tempo como pode. Ademais do común atordamento ante as imaxes e os sons da inmensa cidade, Bob e Charlotte comparten o descontento coas súas vidas. Pouco a pouco fanse moi amigos e a medida que exploran a urbe xuntos empezan a preguntarse se a súa amizade se transformará en algo máis.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Páxina oficial.
Cíticas en La Butaca e en AlohaCriticón.
"Unha historia de soidades compartidas" de Cine de Autor
Reseña en Miradas.net.
Banda sonora.

Trailer: