lunes, 11 de noviembre de 2013

La vida de Pi

Dirección Ang Lee.

Pi Pattel é un mozo que vive en India, o seu pai é o propietario e encargado do zoolóxico da cidade pero deciden emigrar a Canadá e procurarse unha vida mellor coa venda dos animais. Tras complexos trámites, a familia Pattel inicia unha travesía que se verá truncada pola traxedia: unha terrible tormenta fai naufragar o barco onde viaxaban. Pi terá que botar man do enxeño para sobrevivir mentres os animais tratan de ocupar o seu posto na cadea de alimentación e, ao cabo, terá que defender o seu liderado fronte ao único que, previsiblemente, quedará vivo: un tigre. O mozo intentará domar a fera, demostrar quen é o macho alfa e, deste modo, sobrevivir.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Cómo se fixo a película.
Recensión en El Mundo.
Crítica en BlogdeCine.
Cine y matemáticas
Reportaxe en Fotogramas.
Banda sonora.

Trailer: