martes, 19 de mayo de 2015

La ladrona de libros

Dirección Brian Percival.
Tras a morte do seu irmán, Liessel, moza orfa de 9 anos, é adoptada por unha familia obreira, os Hubberman, durante a II Guerra Mundial en Múnic. Grazas ao seu pai adoptivo, aprenderá a ler e os libros, dalgún modo, sérvenlle de evasión do que está a pasar no seu país, baixo o férreo control dos nazis. Animada por unjudío fuxitivo, comeza a escribir as súas memorias, dotándoas de grande imaxinación. O que non sabe é que probablemente a escritura poida salvarlle a vida. 
"A ladroa de libros" é unha dramática historia baseada no libro do escritor australiano Markus Zusak, do mesmo nome, que se converteu nun dos maiores éxitos en vendas de 2005 dentro do xénero da literatura infantil. O gañador dun Emmy Brian Percival (A Boy Called Dad), máis coñecido por dirixir a aclamada serie "Downton Abbey", é o responsable de adaptar a edulcorada e tenra historia dunha nena orfa de 9 anos, que se sobrepón aos tráxicos acontecementos que teñen lugar na Alemaña do III Reich, antes e durante a II Guerra Mundial, grazas aos libros e á lectura. Coa súa nova familia de acollida, aprenderá a ler e vivirá diversas aventuras que poñerán a risco a súa fráxil existencia.

Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica

Loreak

Dirección Jon Garaño e José Mari Goenaga
A vida de Ane dá un xiro cando semanalmente comeza a recibir de forma anónima un ramo de flores na súa casa. Pola súa banda as vidas de Lourdes e Tere tamén se ven afectadas por unhas misteriosas flores. Un descoñecido deposita cada semana un ramo en memoria de alguén que foi importante nas súas vidas. Esta é a historia de tres mulleres, tres vidas alteradas pola mera presenza dunhas flores. Flores que farán xermolar nelas sentimentos que parecían esquecidos... Pero á fin e ao cabo, non son máis que flores.
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Reseña en Fotogramas.
Reseña en El País.
Premios Goya 2015

Trailer:

lunes, 18 de mayo de 2015

Charlie et la chocolaterie

Dirección Tim Burton

Charlie Bucket (Freddie Highmore), un neno moi bo dunha familia moi pobre, gaña un concurso, xunto a outros catro nenos de diferentes partes do mundo, para gozar dunha visita durante todo un día á xigantesca fábrica de chocolate dirixida polo excéntrico Willy Wonka (Johnny Depp) e o seu equipo de Oompa-Loompas. A fábrica parécese a un mundo fantástico e máxico cheo de diferentes sabores, todos moi doce.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha da película
Web oficial
Guía didáctica 
Guía de lectura da novela.
Anédotas.
Crítica en Sensacine 21.
10 cosas sorprendentes de la película desde The Huffington Post
Cómo se fixo.
Web oficial de Roald Dahl
Banda sonora

Trailer: