martes, 25 de octubre de 2016

Marte

Dirección Ridley Scott.
Cando a tripulación do Ares 3 vese obrigada a evacuar Marte ante unha perigosa tormenta de area, o astronauta Mark Watney (Matt Damon) queda atrapado e os seus compañeiros danlle por morto. Watney, un botánico e enxeñeiro mecánico da NASA, consegue sobrevivir á tormenta, pero vese atrapado e só nun planeta deshabitado, no que só dispón do equipo e abastecementos que alí quedaron e que non lle permitirán sobrevivir por moito tempo.
A pesar das adversidades, o astronauta decide poñerse a traballar e botar man das súas habilidades científicas e técnicas, para atopar a forma de subsistir, antes de que se lle esgoten as subministracións. Watney ademais, mantén o seu bo humor e axilidade mental grazas a un diario de abordo en que relata as súas vivencias, preocupacións e achados.
Mentres que os seus compañeiros astronautas, capitaneados pola comandante Melissa Lewis (Jessica Chastain), pensan que podería estar morto, a NASA descobre a través dun satélite que Mark segue con vida. Nese momento, xogará un papel decisivo o responsable da misión Ares 3, Vincent Kapoor (Chiwetel Ejiofor). O seu rescate e posible regreso á Terra convértense entón en prioritarios e en toda unha aventura onde serán factores indispensables a enxeñería, a minuciosidade e cada minuto de tempo que o astronauta pasa en Marte.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica
Acertos e erros na película de Eureka
Crítica en Decine21.
Cómo se fixo.
As matemáticas na película desde Catedu

Trailer:

Sufragistas

Dirección Sarh Gavron.
Inglaterra, principios do século XX. Anos antes de que estale a Primeira Guerra Mundial, as mulleres esixen os seus dereitos políticos, máis concretamente o dereito para votar. As sufragistas inglesas están divididas entre as que defenden as protestas pacíficas, e as que loitan contra o goberno sen piedade.
Nesta historia sobre os primeiros movementos feministas, atopamos a Maud Watts (Carey Mulligan), unha moza loitadora da clase obreira, explotada nunha lavandería desde nena. Ao ver que a súa protesta de maneira pacífica non ten resultados, Maud decide radicalizarse ata o punto de utilizar a violencia para forzar o cambio e conseguir o dereito ao voto. Na súa loita pola dignidade e a das súas compañeiras, a moza non poñerá soamente en risco o seu traballo, a súa familia e o seu fogar, senón tamén a súa propia vida.

Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica
Recensión en Fotogramas.
Crítica en BlogdeCine.
Crítica en El País: "Media humanidad, como poco"
Recensión en El Mundo: La aventura de la historia

Trailer:

Suite Francesa

Director Saul Dibb.
Lucile Angellier (Michelle Williams) é unha fermosa moza que agarda noticias do seu marido, prisioneiro de guerra, mentres leva unha sufocante existencia xunto á súa controladora sogra (Kristin Scott Thomas) nun pequeno pobo da Francia de 1940. Ambas viven alleas á realidade da guerra ata que un grupo de refuxiados parisienses chega á localidade fuxindo da ocupación, ao que lle segue un rexemento de soldados alemáns que establecen as súas residencias nos fogares dos habitantes do pobo.

En casa dos Angellier, Lucile tenta nun principio ignorar a Bruno (Matthias Schoenaerts), o elegante e refinado oficial alemán a quen se lle encargou vivir con elas. Pero aos poucos, un poderoso amor uniralles e atrapará nun momento onde o amor queda escurecido pola infame realidade.

Na wikipedia (a novela) e na biblioteca.
Ficha técnica.
Recensión en El País.
Recensión en Fotogramas.
Crítica en Decine21.
Banda sonora (lembrade que non funciona en Chrome)
Trailer:

domingo, 9 de octubre de 2016

La familia Bélier

La Familia BélierDirección Eric Lartigau.
Na peculiar familia Bélier, todos son xordos menos Paula, que ten 16 anos. Ela é indispensable para o seu pais no día a día, sobre todo na explotación da granxa familiar. Animada polo seu profesor de música que descubriu nela un sorprendente don para o canto, decide preparar a proba para un concurso de radio nacional. Unha elección vital que podería significar afastarse da súa familia e un paso inevitable cara á idade adulta. Poderán os Bélier sobrevivir sen quen foi sempre os seus beizos e os seus oídos... ou triunfará o espírito dunha familia que faría calquera cousa por seguir unida?

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial da película.
"Naturalidad sin imposturas" crítica en El País.
Recensión en Fotogramas.
Crítica en BlogdeCine.
Entrevista co director en LaHiguera.net
Banda sonora.

Trailer da película.

miércoles, 5 de octubre de 2016

La profesora de historia

La profesora de HistoriaDirección Marie-Castille Mention-Schaar.
Anne Gueguen é unha profesora de Historia de instituto que ademais se preocupa polos problemas dos seus alumnos. Este ano, como sempre, Anne ten un grupo difícil. Frustrada polo seu materialismo e falta de ambición, Anne desafía aos seus alumnos para participar nun concurso nacional sobre o que significa ser adolescente nun campo de concentración nazi. Anne usa toda a súa enerxía e creatividade para captar a atención dos seus alumnos e motivalos. A medida que o prazo se achega, os mozos comezan a abrirse aos demais e a crer en si mesmos. Un proxecto que cambiará as súas vidas.

Na biblioteca.
Ficha técnica.
Recensión en Fotogramas.
Recensión en RTVE
Crítica en Cine y comedia
"Rebelión(de las buenas) en las aulas" crítica en Decine21.

Trailer: