Mostrando entradas con la etiqueta Guerra de Secesión Americana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Guerra de Secesión Americana. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de junio de 2021

La seducción

Dirección Sofía Coppola.
As paisaxes sureñas sempre foron escenarios propicios para historias extraordinarias. Dentro dos frondosos bosques neblinosos de Virginia, atópase a escola para señoritas de Martha Farsnworth, onde habita un elenco de fermosas criaturas louras e anxelicais illadas que acollen a un hóspede incómodo canto menos. A historia sucede durante a Guerra de Secesión americana en 1864. Unha rapaza que busca cogomelos no bosque atópase cun soldado yankee ferido de gravidade nunha perna. A nena salva ao soldado achegándolle ata o internado para damas sureñas, comezando así a ambigua trama da estancia do prisioneiro inimigo

Entrevista coa directora sobre as críticas á película en Fotogramas
Visión da autora en El hedonista
Recensión en Premios Óscar
Crítica en El espectador imaginario
Crítica en EspinOf

Trailer:

martes, 28 de julio de 2015

Cold Mountain

Director Anthony Minguella.
Cold Mountain percorre os camiños entrelazados de tres persoas desarragidas por culpa da guerra, tres persoas cuxa supervivencia física e espiritual remata dependendo das outras dúas. En primeiro lugar, está o soldado confederado Inman (Jude Law) que resulta ferido nunha batalla e loita para regresar ao seu fogar e á muller que ama, aínda que teña que atravesar todo un país en guerra. Mentres vai en busca da súa amada Ada (Nicole Kidman) animado polos seus recordos, Inman crúzase con escravos e rebeldes, foxe de soldados e cazarrecompensas e fai amigos extraordinarios e inimigos perigosos en cada revolta do camiño. A viaxe paralela de fe e coraxe de Ada tampouco é un camiño de rosas. É unha muller dunha familia acomodada que por primeira vez na súa vida ten que enfrontase soa un mundo perigoso, sen ninguén que o acompañe e sen coñecer a vida real. Ademais, vese obrigada a protexer a granxa do seu pai da ruína e os saqueos. Unha alegre moinante de nome Ruby (Renee Zellweger) acode ao rescate de Ada e convértese noutro factor clave da historia. Ruby ábrelle os ollos a Ada, mostrándolle o que é a coraxe, a valerse por si mesma e revélalle un sorprendente mundo que Ada nunca vira antes.
A medida que Inman, Ada e Ruby se van coñecendo mellor, estes tres personaxes fían unha historia sobre a nostalxia que se sente polo fogar despois de estar na xungla e o desexo de paz despois da brutalidade da guerra. Necesitan desesperadamente recuperar o amor e o sentido da familia co pano de fondo dun dos acontecementos máis transcendentais da historia dos Estados Unidos.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web ofical.
Cómo se fixo.
Crítica en LaButaca.net.
Crítica en AlohaCriticón.
Crítica en DeCine21.
Recensión en Fotogramas.
Banda sonora.

Trailer:

martes, 31 de julio de 2007

Lo que el viento se llevó


Director Víctor Fleming.
Xeorxia, 1861. Na elegante mansión sureña de Tara vive Scarlett Ou'Hara, a máis bela, caprichosa e egoísta novo da rexión. Ela suspira polo amor de Ashley, pero el está namorado e prometido da súa curmá, a doce e boa Melanie. Corren aínda tempos felices en Tara, pero por pouco tempo, a Guerra de Secesión está a piques de estalar. Na última festa acontecida antes do comezo das hostilidades entre o norte e o sur, Scarlett coñece ao simpático e aposto Rhett Butler, un arrogante e aventureiro vividor, que só pensa en se mesmo e que non ten ningunha intención de participar no conflito. O que el desexa é facerse rico e conquistar o corazón da fermosa Scarlett...
Conta a historia que a parte do incendio de Atlanta fué feita cando aínda non se contratou á actriz principal que interpretaría a Scarlett, e que o filme tivo varios directores que irían desertando a través da complexa filmación: George Cukor, Sam Wood e William Cameron Menzies. A actriz Hattie Mac Daniel como a entrañable serventa, fué a primeiro muller de raza negra en recibir un Oscar. Un filme único e irrepetible, onde miles de extras estaban alí (en persoa) e non "debuxados" por un computador, como actualmente se vé en "Troia" ou "Cruzada".

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Comentario en Ecured.
Recensión en Clásicos de Cine.
"Un clásico con mayúsculas" en E-cartelera.
Crítica en Decine21.
Diálogos inesquecibles.
Curiosidades.
¿Cómo se ideó “Lo que el viento se llevó”?
Reseña de Cine Clásico.
Banda sonora.

Trailer: