sábado, 15 de junio de 2013

Volver

Dirección Pedro Almodóvar.
Raimunda é unha muller nova que vive co seu marido e coa súa filla adolescente nun barrio marxinal da gran cidade. Ten unha irmá, Sole, que rexenta un peiteado na casa, e un montón de familia no pobo de La Mancha onde viviron a súa infancia. Un día Sole e Raimunda reciben a noticia de que a tía Paula morreu no pobo, no mesmo pobo que as viu nacer e onde os seus pais morreron nun incendio.
Pero para Raimunda as desgracias non veñen soas e os males non fixeron máis que empezar porque ao chegar á casa encontra o seu marido morto cun coitelo no corazón. A súa filla dille que o seu pai volveu borracho e intentou abusar dela. Raimunda non pode permitir que se descubra o cadáver do seu marido e ten que comezar a mentir para non ir ao enterro da súa tía mentres se ocupa de salvar a súa filla e enterrar o corpo.
Cando Sole regresa do funeral oe uns golpes no maleteiro do seu coche. Ao abrilo encóntrase co fantasma da súa nai que lle di que volveu para ocuparse dalgunhas cousas que deixou sen arranxar. Entre elas, falar con Raimunda sobre algo que levaron en segredo durante moitos anos.


Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Guía didáctica de TodoELE.net.
Crítica en AlohaCriticón.
Recensión en El Mundo.
Comentario de Notodo.com
Cómo se fixo.
Los fantasmas amistosos de Almodóvar de Hispanetjournal.
Presentación en Días de Cine.
Banda sonora.

Tráiler:


domingo, 2 de junio de 2013

Mee Shee

Dirección John Henderson.
Mee-Shee é un enorme monstro mariño que habita nun lago Canadense. Cando o mozo Mac de nove anos o descobre, vivirá as mellores vacacións da súa vida pois iniciará unha amizade con el e o axudará a escapar dos cazadores que queren capturalo.

Típica película familiar de aventuras con neno e animal que se fan amigos. Os máis pequenos gozarán e aprenderán leccións valiosas como amar á natureza e valorar a amizade.


Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.


Tráiler: