lunes, 28 de octubre de 2013

Yo, también

Dirección Álvaro Pastor y Antonio Naharro.
Daniel, un mozo sevillano de 34 anos, é o primeiro europeo con síndrome de Down que obtivo un título universitario. Comeza a súa vida laboral na administración pública onde coñece a Laura, unha compañeira de traballo.
Ambos os dous inician unha relación de amizade que pronto chama a atención do seu ámbito laboral e familiar. Esta relación convértese nun problema para Laura cando Daniel se namora dela. Non obstante esta muller solitaria que rexeita as normas encontrará nel a amizade e o amor que nunca recibiu ao longo da súa vida.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en Decine.
Recensión en El Mundo. Cultural.
Recensión en CineVista.
Una jugada diferente para amar.
Entrevista a Pablo Pineda.
Web oficial da película.


Trailer:

domingo, 20 de octubre de 2013

Mensaka

Dirección Salvador García Ruiz.
"Páxinas dunha historia. Mensaka" achégase a un grupo de mozos durante un outono no que parece que as súas vidas van sufrir unha completa transformación.
Viven nunha gran cidade, e aínda que pertencen a clases sociais moi diferentes encóntranse unidos, sen sabelo, por lazos invisibles que se irán facendo cada vez máis estreitos ata formar un mundo particular, moito máis pequeno do que se imaxinaban.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Blog do autor José Angel Mañas.
Guía didáctica.
El cine en la enseñanza de lengua
Entrevista con el autor en El Mundo.
Banda sonora.

Trailer:

lunes, 14 de octubre de 2013

Un puente hacia Terabithia

Dirección Gabor Csupo.
Jess Aarons (Josh Hutcherson) séntese un estraño no colexio, e mesmo na súa propia familia. Jess adestrou todo o verán para converterse no rapaz máis rápido da súa clase, pero o seu obxectivo vese frustrado de xeito inesperado pola nova rapaza no colexio,Leslie Burke (AnnaSophia Robb) que compite na carreira "só para rapaces" e gaña. A pesar de coñecerse deste xeito un tanto peculiar, pronto se converten en mellores amigos. A Leslie encántalle contar historias de fantasía e maxia. A Jess encántalle debuxar pero gardábao para si mesmo ata coñecer a Leslie. Leslieabre un novo mundo de imaxinación para Jess. Xuntos crean o reino secreto de Terabithia, un lugar máxico ao que só pode accederse arrandeándose nunha vella corda que colga sobre o regueiro situado nun bosque próximo ás súas casas. Alí, os amigos gobernan o reino, loitan contra o Mestre Escuro e as súas criaturas e trazan plans para vingarse dos abusones do colexio. Grazas á súa amizade conLeslie, Jess cambia para sempre. Ateigado de criaturas fantásticas, pazos e fermosos bosques, o mundo de Terabithia cobra vida da man dos impresionantes xenios de efectos visuais da oscarizadaWeta Digital (O Señor dos Aneis, King Kong).

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Cómo se fixo.
Guía didáctica.
Crítica en BlogdeCine.
Reportaxe en Fotogramas.
Recensión en El templo de las mil puertas.
Banda sonora.

Trailer:

domingo, 13 de octubre de 2013

Blancanieves y la leyenda del cazador

Dirección Rupert Sanders.
Na aventura épica de acción 'Blancanieves e a lenda do cazador',Kristen Stewart encarna a única muller que supera en beleza á malvada raíña (Charlize Theron) decidida a destruíla custe o que custe. Pero a pérfida soberana ignora que un cazador (Chris Hemsworth), cuxa misión era matala, ensinou a moza a defenderse. Pola súa banda, Sam Clafin dá vida ao príncipe engaiolado pola beleza e o poder de Blancanieves. Evan Daugherty, Hossein Amini eEvan Spiliotopoulos asinan o guion da película, baseada na versión do conto dos irmáns Grimm.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en LaButaca.net.
Crítica en Alohacriticón.
Reportaxe en LaButaca.net.
Recensión en Fotogramas.
Banda sonora.
Trailer:


martes, 1 de octubre de 2013

La pesca del salmón en Yemen

Dirección Lasse Hallström.
O doutor Alfred Jones (Ewan McGregor), membro do Centro Nacional para o Fomento da Piscicultura, debe a súa reputación a un traballo pioneiro sobre a reprodución dos moluscos. Cando o seu xefe lle pide que estude a posibilidade de introducir o salmón en Iemen, rexeita a proposta rotundamente. O que ignora é que detrás do proxecto está un atesourado xeque árabe (Amr Waked), empeñado en exportar a arte da pesca con mosca ao norte de Iemen. Non obstante, o disparatado proxecto capta a atención dun ambicioso asesor do primeiro ministro, que ve nel unha excelente oportunidade para mellorar o prestixio do Reino Unido en Oriente Medio e, de paso, consolidar o seu futuro político. Cando o proxecto se pon en marcha, o doutor Jones vese obrigado a reconsiderar o seu ditame inicial e a colaborar coa nova e atractiva representante do xeque (Emily Blunt).

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Crítica en LaButaca.net
Recensión nos blogs de El País.
Entrevista a Ewan McGregor en Fotogramas
Páxina web edicións Salamandra: recensión do libro.
Banda sonora.

Trailer: