jueves, 23 de mayo de 2013

El hombre de arena

Dirección  José Manuel González-Berbel.
Finais dos 60. O Hospital Psiquiátrico de Extremadura, que alberga a enfermos, borrachos e vagabundos sen distinción, sucumbe aos métodos e a desidia do seu director. Burgos (Alberto Jiménez) presta mais atención a satisfacer ás autoridades que ás necesidades dos seus enfermos.
 Non obstante, o ingreso de Mateo (Hugo Silva), un idealista moinante máis próximo á xenialidade que á loucura, supón un cambio completo na rutina do centro. A súa rebeldía e o seu instinto protector fan que Lola (María Valverde), unha nova e guapa reclusa maltratada dende nena, se sinta atraída por el. Ademais gaña o respecto de Carmen (Irene Visedo), unha doutora que verá nel un apoio ás súas intencións reformistas.
Desgraciadamente, o propio Mateo e a súa relación con Lola tamén espertan receos noutros traballadores, enfermos e sobre todo a ira do propio director, que ve o el unha ameaza para o status quo que mantén no Hospital...


Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en Fotogramas.
Una vida de locos en DeCine21.
Recensión en El Mundo.
Entrevista a Hugo Silva en The Cult.

Tráiler:

miércoles, 15 de mayo de 2013

Rebeldes

Dirección Francis Ford Coppola.

Ponyboy Curtis é un adolescente orfo que pertence á banda de Los Grasientos. Os seus dous irmáns e todos os seus amigos forman parte da banda. Controlan o seu territorio e á banda rival, Los Dandis. Unha noite, como resultado dunha pelexa, un de Los Dandis morre acoitelado. Ponyboy e o seu amigo Johnny deciden fuxir. Baseada na novela homónima de Sussan E. Hinton, REBELDES reflexa sen disimulos a vida e as rivalidades entre dúas bandas xuvenís dun suburbio de Nova York. Dirixida con man mestra por Francis Ford Coppola, a película reúne na pantalla un grupo de novos actores que o tempo converterá en grandes estrelas de Hollywood. Unha película de auténtico culto que marcou a toda unha xeración.
Na biblioteca e na wikipedia
Ficha técnica.
Guía didáctica.
Los marginados de Coppola en El periódico más breve.
La juventud de los 80 según Coppola en Cine80s
Crítica en BlodeCine
Recensión da novela de Susan Hinton en Alfaguara
Unha bibliotecaria na orixe de Rebeldes de Coppola en Una vida de letras.
Banda sonora.

Trailer:


miércoles, 8 de mayo de 2013

El piano

Dirección Jane Champion.

Mediados do século XIX: Adíe é unha muller viúva que ten unha filla, Flora. Un matrimonio concertado obrígao a deixar a súa Escocia natal acompañada da súa filla e o seu piano. O seu destino é Nova Zelandia, onde a espera Stewart, un home co que non ten nada en común. O seu sufrimento aumentará cando o seu marido vende o seu piano ao seu veciño Baines. Pero Ada conseguirá seguir tocando a cambio de dar clases a Baines, co que comeza unha relación.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
"Música que apasiona a las fieras" en Se ha escrito un cine.
"El cuerpo como vértice de la existencia" de Cultura y Filosofía.
Recensión sobre a directora en AlohaCriticón.
Comentario en Fotogramas.
"No hay ideas en el mundo, sólo variaciones" en El País.
Banda sonora.

Trailer:


Un lugar para soñar

Dirección Cameron Crowe.
En "Un lugar para soñar" coñecemos Benjamin Mee (Matt Damon), un columnista de prensa e escritor de artigos de aventuras que, como pai viúvo, se enfronta ao desafío de criar os seus dous fillos pequenos. Coa esperanza de que partir de cero e levar unha nova vida restablecerá o espírito familiar, Mee deixa o seu emprego e compra unha vella casa rural situada nun terreo dunhas oito hectáreas fóra da cidade que inclúe unha irrepetible particularidade engadida: un zoolóxico denominado o Parque de Animais Rosemoor, residencia de ducias de animais encomendados ao coidado do xefe de gardas Kelly Foster (Scarlett Johansson) e o seu entusiasta equipo. Sen experiencia, con pouco tempo e reducido presuposto, Mee proponse, co apoio da súa familia e da xente da localidade, reabrir o zoo. Agora, Benjamin xa non conta unha historia de aventuras, senón que vive a súa propia na mesma porta da súa casa.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
A novela na biblioteca.
Reportaxe en Fotogramas.
Crítica en LaHiguera.
"Ponga un zoo en su vida" de El séptimo arte.
Crítica en Decine21.
Web oficial.


Trailer:


martes, 7 de mayo de 2013

Las sandalias del pescador

Dirección Michael Anderson.
Tras vinte anos de confinamento en Siberia, o arcebispo ucraíno Kiril Lakota recobra a liberdade e é enviado a Roma, nun xesto espectacular que encerra algo máis que unha propaganda: manter un ruso preto do Santo Pai. Kiril, cuxa enteireza é coñecida e altamente apreciada no Vaticano, convértese en cardeal e, ao producirse a morte do Pontífice, é elixido por aclamación sucesor de Pedro. Entón comeza o seu particular loita para deter o incontible avance do perigo atómico e a busca de solucións ao problema da fame en determinadas zonas de Asia.

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Recensión en RTVE.
Comentario da novela de Morris West en Lecturalia.
Comentario en Camino de Emaús.
Crítica en Clasicosis.
O cristianismo no cine.
Banda sonora.

Trailer: