Dirección Joe Wright.

Esta historia atemporal explora a capacidade do corazón
humano para amar, ao tempo que mostra a fastosa sociedade da Rusia imperial.
Encontrámonos no ano 1874. A preciosa e vivaz Anna Karenina leva a
vida desexada por todas as súas contemporáneas: está casada con Karenin,
un importante funcionario ao que deu un fillo, e a súa posición social en San
Petersburgo é envexable. Viaxa a Moscú despois de recibir unha carta do seu
irmán, o mullereiro Oblonsky, pedíndolle axuda para salvar o seu matrimonio
con Dolly. No tren, Anna coñece á
condesa Vronsky (Olivia Williams), á que espera o seu fillo, o
elegante oficial de cabalaría Vronsky. Cando Anna é presentada ao
oficial, xorde unha faísca mutua que ningún dos dous ignorará. Levin, un terratenente
compasivo e sensible, é o mellor amigo de Oblonsky e ten a intención
de pedir a man de Kitty, a irmá pequena de Dolly, pero non sabe que a
moza está perdidamente namorada de Vronsky. Ante o rexeitamento
de Kitty, o entristecido Levin regresa ás súas terras
de Pokrovskoe e entrégase aos traballos do campo,
mentres Kitty descobre con dor, durante un baile, que o seu grande
amor Vronsky non lle quita ollo a Anna Karenina, que parece
compartir os seus sentimentos.
Anna, nun esforzo por recuperar a cordura,
apresúrase a regresar a San Petersburgo, onde a segue Vronsky. Ela intenta
recuperar a súa vida familiar, pero non deixa de pensar no mozo oficial. Teñen
unha apaixonada aventura que escandaliza á sociedade da capital.
A situación
de Karenin é insostible e vese obrigado a dar un ultimato á súa
esposa. Nun desesperado intento por ser feliz, a decisión deAnna fende o
verniz dunha sociedade obsesionada polo que dirán, e dá pé ás tráxicas e
románticas consecuencias que cambiarán dramaticamente a súa vida e a dos que a
rodean.
Na
biblioteca e na
wikipedia.
Ficha técnica.
Reportaxe en
LaButaca.net
Reportaxe en
Fotogramas.
Entrevista a Keira Knightley en
Fotogramas.
Tolstói entre bambalinas de
BlogdeCine.
Crítica en
Decine21.
Como se fixo a película en
RTVE.
Banda sonora.
Trailer: