martes, 19 de julio de 2011

Premonición


Dirección Sam Raimi.
Dende o cuarto traseiro da súa pequena casa dunha cidade de Xeorxia, Annie Wilson usa os seus talentos telepáticos para adiviñar a sorte dos seus veciños. Viúva e con tres fillos que manter, Annie soporta a pesada carga de ter que carrexar cos problemas de todo o pobo sobre os seus ombros mentres loita cos seus propios. Ademais sofre as violentas ameazas de Donnie, o perigoso marido dun dos seus clientas.
Un día Annie ten a posibilidade de poñer a proba o seu don de vidente cando as autoridades lle piden axuda: desapareceu unha moza e as investigacións non conducen a nada. As misteriosas e, moitas veces, aterradoras visións de Annie parecen ser o último recurso para descubrir o seu paradoiro. E o máis importante, se aínda vive...

Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Web oficial.
Crítica en Decine21 e en La Butaca.
Banda sonora.

Trailer:

viernes, 1 de julio de 2011

88 minutos


Dirección Jon Avnet.
Un profesor universitario que traballa tamén de psiquiatra forense para o FBI recibe unha ameaza de morte que o avisa que lle quedan 88 minutos de vida. Para salvar a súa vida, Jack debe usar todas as súas habilidades e adestramento para achegarse cada vez máis aos posibles sospeitosos, entre os que figura un alumno desgustado, unha antiga amante a quen abandonou e un asasino en serie que xa se encontra no corredor da morte.
O prestixioso psiquiatra forense Jack Gramm baseou toda a súa carreira exemplar nas súas infalibles "avaliacións" das persoas e dos factores de risco. Tras dar o seu testemuño de experto no caso do asasino en serie Jon Forster, espera a execución do criminal cunha gran satisfacción. Non obstante, cando comezan a producirse asasinatos parecidos aos que Forster cometía, Jack vese na situación de ter que defender o argumento de que os novos crimes son obra dun devoto seguidor do encarcerado...
Na biblioteca e na wikipedia.
Ficha técnica.
Reseña en Fotogramas.
Cómo se hizo.
Reseña en La Higuera.
"Estrella con luz de gas" de la República cultural.

Banda sonora.

Trailer:

La máscara del zorro


Dirección Martin Campbell.
México, 1821. Un enmascarado e aclamado heroe popular, coñecido como o Raposo, loita con éxito contra a opresión colonial española na Alta California, representada polo tiránico gobernador don Rafael Montero. Con todo, a véspera da liberación de México, Montero descobre que a secreta identidade do Raposo é a de don Diego de la Vega. Un inesperado ataque contra a casa do rebelde, sáldase coa súa captura, a morte da súa muller, o secuestro de Elena, a súa única filla, e a destrución das súas propiedades. Vinte anos despois, Montero regresa do exilio con Elena, que ignora a identidade do seu pai, e proponse comprar California ao Presidente de México, o xeneral Santa Anna. Cando don Diego de la Vega decátase, escapa da prisión disposto a vingarse de Montero. Parte do plan consiste en adestrar e transformar a Alejandro Murrieta, un bandoleiro cun tortuoso pasado, no novo Raposo, para que lle axude a frustrar os plans de Montero dunha vez para sempre. Murrieta farase pasar por un rico hacendado español disposto a gañarse a confianza de Montero.

Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Web oficial.
Crítica en La Butaca.
Reseña en Decine 21:Con Z de zorro, los otros zorros, gestación del proyecto, opinan los protagonistas, el discípulo y el maestro, bailando con caballos.
Curiosidades.
Reseña en Fotogramas.
Banda sonora.
Trailer:

El solista


Dirección Joe Wright.
O columnista Steve Lopez (Robert Downey Jr) chegou a un punto morto. O periódico está en crisis, o seu matrimonio con outra periodista está a piques de rematar, e non lembra o que tanto lle apaixonaba do seu traballo. Un bo día, mentras cruza o barrio de Skid Row, en Los Ángeles, atopa a Nathaniel Ayers (Jamie Foxx), un misterioso e desaliñado persoaxe que toca un violín de dúas cordas con toda a súa ánima. Ao principio, o periodista acércaselle pensando que podería ser o tema para unha columna nesta cidade de millóns de habitantes. Empeza a desvelar o misterio de por que este brillante e a meúdo abstraído músico da rúa, que fora un prodixio musical cara á fama, acabou vivindo na rúa, e unha idea apodérase del. Pensa que pode cambiar a vida de Ayers e embárcase nunha misión para devolverle ao mundo da música. Mentras loita para conseguilo, dase conta de que Ayers, grazas á súa incansable paixón, o seu amor pola liberdade e o seu valiente empeño en conectar y amar, estalle cambiando a él.

Na wikipedia e na biblioteca.
Ficha técnica.
Web oficial.
Crítica de Decine 21 e no Blog de cine.
Banda sonora.

Trailer: